Transformación xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
A competencia artificial pode inducirse por procedementos de laboratorio nos que primeiro hai que facer a célula pasivamente permeable ao ADN ao expoñela a condicións que normalmente non se darían na natureza. <ref>Large-volume transformation with high-throughput efficiency chemically competent cells. Focus 20:2 (1998).</ref> Normalmente o que se fai é incubar as células nunha solución que contén [[catión]]s divalentes, xeralmente unha solución de [[cloruro de calcio]] a temperatura baixa, e despois expoñela a un shock por un pulso de calor. Porén, o mecanismo de captación de ADN por medio da competencia inducida quimicamente por este método de transformación por cloruro de calcio non está claro. A superficie de bacterias como ''E. coli'' está cargada negativamente debido aos [[fosfolípido]]s e [[lipopolisacárido]]s da súa superficie, e to ADN está tamén cargado negativamente (deberían repelerse). Unha das funcións do catión divalente sería apantallar as cargas por coordinación dos fosfatos e outras cargas negativas, o que permitiría que a molécula de ADN adherise á superficie. Suxeriuse que a exposición das células a catións divalentes en condicións frías pode tamén cambiar ou debilitar a estrutura da superficie celular facéndoa máis permeable ao ADN. O pulso térmico pénsase que crea un desequilibrio térmico entre os dous lados da membrana, que forza ao ADN a entrar na célula por poros celulares ou por zonas danadas da parede celular.
 
A [[electroporación]] é outro método de facer a unha célula competente. Neste método as células son sometidas durante breve tempo a un [[campo eléctrico]] de 10-20 [[Volt|kV]]/cm que se pensa crea buratos na membrana celular a través dos cales poden entrar os [[plásmido]]s. Despois do shock eléctrico os buratos volven a pecharse rapidamente polos mecnismosmecanismos de reparación da membrana celulares.
 
===Lévedos===