Bronquio: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
As sucesivas divisións da árbore bronquial son as seguintes:
* Os bronquios principais entran no pulmón polo hilio pulmonar, e subdivídense en '''bronquios lobulares''', (ou lobares
* Os bronquios lobulares divídense en '''bronquios terciarios''', tamén chamados '''segmentarios''' (''segmentalis''), cada un dos cales envía aire a un [[segmento broncopulmonar]]. Un segmento broncopulmonar é unha división dos pulmóns, que está separada do resto do pulmón por un septo de [[tecido conectivo]]. De todos modos, hai tamén algunhas conexións de bronquios e vasos sanguíneos que pasan dun segmento a outro atravesando o septo. A división do pulmón en segmentos fai que un segmento broncopulmonar poida ser retirado [[cirurxía|cirurxicamente]] sen afectar a outros segmentos. Hai dez segmentos en cada pulmón, pero debido ao desenvolvemento anatómico, varios bronquios segmentais se fusionan no pulmón esquerdo, dando lugar a oito.
* Os bronquios segmentarios divídense en moitos '''[[bronquíolo]]s''' primarios, que se subdividen varias veces dando [[bronquíolo terminal|bronquíolos terminais]] (aproximadamente a 7ª xeración de ramificacións da árbore bronquial), que dan lugar a varios [[bronquíolo respiratorio|bronquíolos respiratorios]], que se dividen finalmente cada un en de 2 a 11 [[conduto alveolar|condutos alveolares]]. Hai 5 ou 6 sacos alveolares asociados con cada conduto alveolar. Os [[alvéolo]]s pulmonares son as unidades básicas onde ten lugar o intercambio respiratorio de gases entre o aire e o sangue.
|