Bronquio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
As sucesivas divisións da árbore bronquial son as seguintes:
* Os bronquios principais entran no pulmón polo hilio pulmonar. O bronquio principal dereito subdivídese dentro do pulmón en tres '''bronquios lobulares''' ou '''secundarios''', e o esquerdo en dous , os cales entran nos lóbulos pulmonares (que son tres no pulmón dereito e dous no esquerdo).
* Os bronquios lobulares divídense en '''bronquios terciarios''', tamén chamados '''segmentais''' (''segmentalis'') ou segmentarios, cada un dos cales envía aire a un [[segmento broncopulmonar]]. Un segmento broncopulmonar é unha división dos pulmóns, que está separada do resto do pulmón por un septo de [[tecido conectivo]]. AíndaDe quetodos modos, hai tamén algunhas conexións de bronquios e vasos sanguíneos que pasan dun segmento a outro atravesando o septo. A división do pulmón en segmentos fai que un segmento broncopulmonar poida ser retirado [[cirurxía|cirurxicamente]] sen afectar a outros segmentos. Hai dez segmentos en cada pulmón, pero debido ao desenvolvemento anatómico, varios bronquios segmentais se fusionan no pulmón esquerdo, dando lugar a oito.
* Os bronquios segmentais divídense en moitos '''[[bronquíolo]]s''' primarios, que se subdividen varias veces dando bronquíolos terminais (aproximadamente a 7ª xeración de ramificacións da árbore bronquial), que dan lugar a varios bronquíolos respiratorios, que se dividen finalmente en de 2 a 11 [[conduto alveolar|condutos alveolares]]. Hai 5 ou 6 sacos alveolares asociados con cada conduto alveolar. Os [[alvéolo]]s pulmonares son as unidades básicas onde ten lugar o intercambio respiratorio de gases entre o aire e o sangue.