Circuíto integrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Notas: algomáis desde a wiki -es
→‎Avances nos circuítos integrados: algo máis desde a wiki .es
Liña 26:
== Avances nos circuítos integrados ==
Os avances que fixeron posible o circuíto integrado foron, fundamentalmente, os desenvolvementos na fabricación de dispositivos semiconductores a mediados do século XX e os descubrimentos experimentais que mostraron que estes dispositivos podían substituír as funcións das válvulas ou tubos de baleiro, que se volveron rapidamente obsoletos ao non poder competir co pequeno tamaño, o consumo de enerxía moderado, os tempos de conmutación mínimos, a confiabilidade, a capacidade de produción en masa e a versatilidade dos CI.<ref>{{Cita web | título=The History of the Integrated Circuit | editor=Nobelprize.org | url=http://nobelprize.org/educational/physics/integrated_circuit/history/index.html}}</ref>
 
Entre os circuítos integrados máis complexos e avanzados atópanse os [[microprocesador]]es, que controlan numerosos aparellos, desde computadoras ata teléfonos móbiles e fornos microondas. Os chips de [[Memoria (informática)|memorias]] dixitais son outra familia de circuítos integrados, de importancia crucial para a moderna sociedade da información. Mentres que o custo de deseñar e desenvolver un circuíto integrado complexo é bastante alto, cando se reparte entre millóns de unidades de produción, o custo individual dos Cis polo xeral redúcese ao mínimo. A eficiencia dos CI é alta debido a que o pequeno tamaño dos chips permite curtas conexións que posibilitan a utilización de lóxica de baixo consumo (como é o caso de [[CMOS]]), e con altas velocidades de conmutación.
 
== Notas ==
{{listaref}}