Neoclasicismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Producións: arranxiños de ligazóns
m →‎Producións: arranxiño
Liña 23:
== Producións ==
[[Ficheiro:Ayuntamiento de Santiago de Compostela.jpg|475px|miniatura|[[Pazo de Raxoi]], [[Santiago de Compostela]]]]
Todos os países anti-napoleónicos parece como se preferisen o modelo grego, mentres que Francia se decantou polo romano. [[Wincklemann]] foi o primeiro en propor unha interpretación compositiva da arte grega; débeselle a el a concepción de que a arte ten historia. Para el, a imitación da arte antiga permite atopar a esencia da beleza, que en si se atopa na propia natureza. O arquitecto alemán [[Schinkel]], autor do Teatro Real, proxectou deseñar Berlín como a Atenas moderna. O arquitecto escocés [[Robert Adam]] introduciu o Neoclasicismo en [[Gran Bretaña]]; foi en Escocia onde se mantivo máis puro, como se observa claramente en [[Edimburgo]]. En Londres, [[John Soane]] deseñou o Banco de Inglaterra e [[Robert Smirke]] o [[Museo Británico]]. O estilo neogrego foi substituído polo [[rexencia]], cuxo maior exemplo son as fachadas de Regent Street ([[1812]]) en Londres (de John Nash) e o Royal Pavilion de [[BrigthonBrighton]] ([[1815]]-[[1823]]).
 
En [[Francia]], [[Claude Nicolas Ledoux]] deseñou un pavillón ([[1771]]) para a condesa du Barry e varias portas para [[París]] ([[1785]]-[[1789]]). Os arquitectos oficiais de [[Napoleón]], [[Charles Percier]] e [[Pierre François Fontaine]], tentaron transformar París imitando o estilo opulento da arquitectura imperial romana, como no [[Arco do triunfo do Carrousel]] ou nos [[Avenida dos Campos Elisios|Campos Elisios]] ([[1806]]), xa en época imperial.