Vesícula seminal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 32:
As secrecións das vesículas seminais conteñen [[proteína]]s, [[encima]]s, [[frutosa]], [[mucus]], [[vitamina C]], [[flavina]], [[fosforilcolina]] e [[prostaglandina]]s. As altas concentracións de frutosa proporcionan un nutriente enerxético aos espermatozoides cando se almacena seme nos laboratorios. Os espermatozoides exaculados na vaxina non teñen moita probabilidade de ter contacto co fluído das vesículas seminais porque son transferidos directamente polo fluído prostático ao mucus cervical feminino. A expulsión da secreción das vesículas seminais está baixo o control do [[sistema nervioso simpático]], que provoca a contracción da cuberta muscular da capa muscularis.
 
Os estudos in vitro mostraron que os [[espermatozoide]]s expulsados xunto co fluído das vesículas seminais tiñan pouca mobilidade e supervivencia, e a [[cromatina]] dos espermatozoides estaba menos protexida. Por tanto, a importancia fisiolóxica do fluído seminal non está clara. Nalgúns animais, como os roedores, a secreción forma unha especie de tapa espermicida, que reduce as posibilidades de fertilización do esperma doutros machos que se apareen despois.
 
==Histoloxía==