Moral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ky:Мораль
m Norma social
Liña 1:
A '''moral''' (do [[latín]] ''mos'', ''mores'', "costumes") é un conxunto de [[Norma social|norma]]s ligadas ao comportamento das persoas en tanto que son membros dunha [[sociedade]], relixión, cultura, etc. A moral é unha forma de comportamento humano que comprende un aspecto normativo (unhas regras de acción) e un aspecto fáctico (actos que veñen de axustarse nun sentido ou noutro ás devantidas regras).
 
A moral ten unha dobre vertente, social e individual. É social porque só se dá en [[comunidade]], xa que depende dunhas necesidades sociais e cumpre unha función social. É individual porque as persoas interiorizan as normas recebidas e manteñen un certo degrao de adhesión (e rexeitamento) ás normas establecidas e sancionadas pola comunidade.