Sármatas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:Roman Empire 125.png|thumb|right|300px|Mapa do Imperio Romano so [[Adriano]] (117-138), amosando a localización de Sarmacia ao sur da [[estepa]] rusa]]
Os '''sármatas''' eran unha coalición de [[tribo]]s [[nómade]]s [[iranianoiranianos|iranianas]] relacionadas cos [[escitaescitas]]s que se desprazaron gradualmente desde as chairas ao [[norte]] do [[Mar Caspio]] até o [[leste]] de [[Europa]] e ameazaron o [[Imperio Romano]].
 
== Historia ==
[[Herodoto]]<ref>4.21-117</ref>, o historiador grego, descríbeos nas súas ''Historias'' como descendentes de pais [[escita]]s e nais [[amazonas (mitoloxía)|amazonas]]. Isto é pura lenda, pero os sármatas si habitaron nas chairas que van do [[Mar Negro]] ao [[Mar Caspio]], ao norte do [[Cáucaso]] e naquela altura o [[río Don]] servía de separación entre eles e os escitas.
Durante os séculos que seguiron, os sármatas viaxaron cara o oeste. Un texto de mediados do século IV a.C. (aínda que atribuído ao explorador do século VI a.C. [[EscilaxEscílax de Carianda]]) sitúaos xa ao oeste do Don. A mediados do século III a.C. esta tribo controlaba unha boa parte de [[Escitia]], o cal se deduce dos restos de tumbas. Os gregos describen a súa fereza, que lles permitiu requirir tributo das cidades gregas situadas na costa norte do Mar Negro. As relacións, porén, non foron sempre malas e sármatas e gregos comerciaban e chegaban mesmo a unírense para repeler aos escitas. Estes últimos desaparecen da historia e o seu territorio pasa a coñecerse como [[Sarmacia]].
 
No século II a.C., [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] explica que non traballaban os metais pero que usaban ósos e pezuños para as súas armas, resultando nunha efectividade parella. As armaduras medievais posibelmente teñan a súa orixe nas coirazas destes materiais que utilizaban os sármatas e que lles permitiron enfrontarse con éxito ás chuvias de frechas, táctica típica dos escitas.