Sármatas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia ==
[[Herodoto]]<ref>4.21-117</ref>, o historiador grego, descríbeos nas súas ''Historias'' como descendentes de pais [[escita]]s e nais [[amazonas (mitoloxía)|amazonas]]. Isto é pura lenda, pero os sármatas si habitaron nas chairas que van do [[Mar Negro]] ao [[Mar Caspio]], ao norte do [[Cáucaso]] e naquela altura o [[río Don]] servía de separación entre eles e os escitas.
Durante os séculos que seguiron, os sármatas viaxaron cara o oeste. Un texto de mediados do século IV a.C. (aínda que atribuído ao explorador do século VI a.C. [[Escilax de Carianda]]) sitúaos xa ao oeste do Don. A mediados do século III a.C. esta tribo controlaba unha boa parte de [[Escitia]], o cal se deduce dos restos de tumbas. Os gregos describen a súa fereza, que lles permitiu requirir tributo das cidades gregas situadas na costa norte do Mar Negro. As relacións, porén, non foron sempre malas e sármatas e gregos comerciaban e chegaban mesmo a unírense para repeler aos escitas. Estes últimos desaparecen da historia e o seu territorio pasa a coñecerse como [[Sarmacia]].