Sármatas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m formato
Liña 1:
 
 
[[Ficheiro:Roman Empire 125.png|thumb|right|300px|Mapa do Imperio Romano so [[Adriano]] (117-138), amosando a localización de Sarmacia ao sur da [[estepa]] rusa]]
 
Os '''sármatas''' eran unha coalición de [[tribo]]s [[nómade]]s [[iraniano|iranianas]] relacionadas cos [[escita]]s que se desprazaron gradualmente desde as chairas ao [[norte]] do [[Mar Caspio]] até o [[leste]] de [[Europa]] e ameazaron o [[Imperio Romano]].
 
== Historia ==
[[Herodoto]]<ref>4.21-117</ref>, o historiador grego, descríbeos nas súas ''Historias'' como descendentes de pais [[escita]]s e nais [[amazonas]]. Isto é pura lenda, pero os sármatas si habitaron nas chairas que van do [[Mar Negro]] ao [[Mar Caspio]], ao norte do [[Cáucaso]] e naquela altura o [[río Don]] servía de separación entre eles e os escitas.
Durante os séculos que seguiron, os sármatas viaxaron cara o oeste. Un texto de mediados do século IV a.C. (aínda que atribuído ao explorador do século VI a.C. [[Escilax de Carianda]]) sitúaos xa ao oeste do Don. A mediados do século III a.C. esta tribo controlaba unha boa parte de [[Escitia]], o cal se deduce dos restos de tumbas. Os gregos describen a súa fereza, que lles permitiu requirir tributo das cidades gregas situadas na costa norte do Mar Negro. As relacións, porén, non foron sempre malas e sármatas e gregos comerciaban e chegaban mesmo a unírense para repeler aos escitas. Estes últimos desaparecen da historia e o seu territorio pasa a coñecerse como [[Sarmacia]].
 
No século II a.C., [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] explica que non traballaban os metais pero que usaban ósos e pezuños para as súas armas, resultando nunha efectividade parella. As armaduras medievais posibelmente teñan a súa orixe nas coirazas destes materiais que utilizaban os sármatas e que lles permitiron enfrontarse con éxito ás chuvias de frechas, táctica típica dos escitas.
A comezos do século I a.C. aliáronse con [[Mitrídades]], que reinaba sobre varios países nos arredores do [[Mar Negro]] e era un dos máis inimigos máis irredutíbeis do [[Imperio Romano]]. Foi derrotado por [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] en [[-66]], pero retirouse a [[Crimea]] e continuou enfrontándose aos romanos apoiado polos sármatas até que foi obrigado a suicidarse. Os sármatas continuaron a alianza antirromana co seu fillo [[Farnaces]], a quen venceu [[Xulio César]] en [[-47]] en [[Zela]] (ocasión que este describiu co célebre "''Vini, vidi, vinci''").
Os sármatas, como todas as tribos, constituían sociedades pouco organizadas. Durante a súa migración cara o oeste foron asimilando outros grupos étnicos e constituíronse nunha federación de tribos. Polo xeógrafo [[Estrabón]], a mediados do século I a.C., coñécese a existencia de polo menos catro tribos sármatas entre o [[Río Dniper|Dniper]] e o [[río Danubio|Danubio]].
A sociedade sármata era xerárquica e dividíase entre aristocracia guerreira (''argaragantes'') e escravos (''limigantes''). A tribo era aínda nómade e desprazábase en cabalo ou en carromatos cubertos (''kibitkas''). As mulleres gozaban dun estatuto social moito mellor que en Grecia ou Roma e podíanse dedicar tamén á guerra (de onde se explica que os gregos afirmasen que os sármatas descendían das amazonas).
 
A mediados do [[século I]], algunhas tribos sármatas chegaron a [[Romenia]] e [[Hungría]], onde se enfrontaron coa [[lexión]] III ''Gallica'' en [[68]]/[[69]], aínda que a súa chegada favorecía a Roma pois debilitaba o reino [[Dacia|dacio]]. Pouco despois, porén, dacios e sármatas coligáronse e destruíron unha lexión romana (no [[92]]). Os romanos decidíronse pola conquista de territorios na beira norte do Danubio e entre [[102]] e [[106]] [[Traxano]] subxugounos. O seu sucesor, [[Hadriano]], liberounos a cambio de que se convertesen en aliados do Imperio.
Sendo [[Marco Aurelio]] emperador, os sármatas rebeláronse xunto con outros grupos, como os [[alano]]s e os [[marcomano]]s. Roma venceu habitualmente nesta ocasión así como en distintos enfrontamentos durante o [[século II]]. No [[século III]] os sármatas ocuparon a Dacia. A comezos do [[século IV|IV]], [[Diocleciano]] desprazounos e o seu sucesor, [[Constantino I o Grande|Constantino]], aceptounos como granxeiros nos [[Balcáns]]. Os que ficaran ao norte do Danubio foron destruídos polos [[Huno]]s.
== Tecnoloxía militar ==
 
== Tecnoloxía militar ==
A tecnoloxía militar do pobo sármata influenciou a tecnoloxía dos seus aliados tanto como a dos seus inimigos. As calidades guerreiras dos sármatas, dos seus devanceiros, os saurómatas, e dos seus descendientes, os [[alanos]], foron a miúdo descritas polos autores antigos. [[Polibio]], [[Diodoro Sículo]], [[Estrabón]], [[Flavio Xosefo]], [[Tácito]], [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] ou [[Dión Casio]] deixaron cadros testimoniais moi vivos destas tribos iranias que tiñan costumes tan exóticos para os [[grecia|gregos]] e os [[Roma Antiga|romanos]].Moi xerarquizados, os sármatas tiveron varios reis e, polo menos, unha raíña: [[Amaxe (raíña)|Amagê]]. De feito, as mulleres tiñan unha elevada posición social e as guerreiras da fase antiga, que realmente existiron, contribuíron a manter vivo o mito das [[Amazona (mitoloxía)|amazonas]].
 
Inicialmente instalados entre o [[río Don|Don]] e o [[río Ural|Ural]], os primeiros sármatas invadiron os territorios dos escitas. Despois, venceron aos [[partos]] e aos [[Historia de Armenia|armenios]]. Desde o final do [[século -I]], enfrontáronse aos romanos no sur do [[río Danubio|Danubio]]. Durante o [[século II]], logo de varias confrontacións, os romanos recrutaron a varios [[lanza|lanceiros]] sármatas. Máis tarde, crearon unidades de [[catafracto]]s, tomando dos sármatas a [[armadura (combate)|armadura]] de escamas, a lanza longa (''contus''), a espada con pómulo anular e mesmo a súa insignia: o ''Draco'' (unha especie de pau tubular cuxa embocadura de bronce representa a boca dun dragón).
 
==Notas==
{{listaref}}
Liña 22 ⟶ 24:
==Véxase tamén==
{{commons|Sarmatians}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.sarmat.esp.st ''Sarmatia Eurasiana'']
 
[[Categoría:Roma antiga]]