m
sen resumo de edición
mSen resumo de edición |
|||
== Tecnoloxía militar ==
A tecnoloxía militar do pobo sármata influenciou a tecnoloxía dos seus aliados tanto como a dos seus inimigos. As calidades guerreiras dos sármatas, dos seus devanceiros, os saurómatas, e dos seus descendientes, os [[alanos]], foron a miúdo descritas polos autores antigos. [[Polibio]], [[Diodoro Sículo]], [[Estrabón]], [[Flavio Xosefo]], [[Tácito]], [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] ou [[Dión Casio]] deixaron cadros testimoniais moi vivos destas tribos iranias que tiñan costumes tan exóticos para os [[grecia|gregos]] e os [[
Inicialmente instalados entre o [[río Don|Don]] e o [[río Ural|Ural]], os primeiros sármatas invadiron os territorios dos escitas. Despois, venceron aos [[partos]] e aos [[Historia de Armenia|armenios]]. Desde o final do [[século -I]], enfrontáronse aos romanos no sur do [[río Danubio|Danubio]]. Durante o [[século II]], logo de varias confrontacións, os romanos recrutaron a varios [[lanza|lanceiros]] sármatas. Máis tarde, crearon unidades de [[catafracto]]s, tomando dos sármatas a [[armadura (combate)|armadura]] de escamas, a lanza longa (''contus''), a espada con pómulo anular e mesmo a súa insignia: o ''Draco'' (unha especie de pau tubular cuxa embocadura de bronce representa a boca dun dragón).
|