Diferenzas entre revisións de «Lingua paleoirlandesa»

 
== Posíbeis influencias externas: o [[lingua ivérnica|ivérnico]] ==
antesAntes de que os dialctosdialectos [[gaélico]]s se desenvolvesen en [[Irlanda]], algúns postulan que os habitantes falaban '''[[lingua ivérnica|ivérnico]]''', especialmente en [[Munster]]. Recibe este nome dun grupo [[galos|galo]]-[[belgas|belga]] coñecido como os [[iverni]] (despois ''Érainn''), testemuñados na ''Xeografía'' de [[Ptolomeo]] ([[século II]]). Esta hipótese pode sosterse polo que parece ser unha breve mención dunha lingua tal nun dicionario irlandés do [[século IX]] ''[[Sanas Cormaic]]'', baixo os nomes ''Iarnnbélrae'', ''Iarnbélrae'', e ''Iarmbérla'', que se se entenden como [[irlandés antigo]], significan "Fala de ferro". Con todo, a maioría dos lingüistas explican estes préstamos [[linguas britónicas|britónicos]] como tomados directamente do [[lingua galesa|galés]], facendo notar que as inscricións oghámicas testemuñan unha presenza irlandesa antiga en [[Gales]]. O estudoso do gaélico [[T. F. O'Rahilly]] propón así a lingua destes ''Iverni'', que el bautizou como '''Ivérnico''', como a fonte destes préstamos.
 
Os que apoian esta hipótese cren que o ivérnico se separou do galo no [[século -V]] e que sobreviviu unha suposta invasión de Irlanda por xente que falaba unha [[linguas goidélicas|lingua goidélica]] (nalgún momento entre [[-500]] e [[-100]]). Din que aínda había un grupo minoritario en Munster na época de [[Beda]] sobre o [[700]]. Con todo os seus falantes foron eventualmente absorbidos na poboación gaelicofalante, e na época na que os [[viquingos]] se estableceron en [[Limerick]] ao redor de [[850]], as linguas ivérnica e goidélica xa converxeran no [[lingua irlandesa|irlandés]].
52.348

edicións