Glote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
A '''glote''' é un órgano da [[larinxe]] formado polas [[cordas vocais]] e a abertura existente entre elas (abertura glotica). Ten forma triangular, un tamaño duns 16 mm e pódese abrir 12 mm. A súa abertura ou fechamento total ou parcial prodúcese mediante o afastamento ou achegamento das cordas vocais, arrastradas polos [[aritenoide]]s e os [[músculo]]s que as controlan.
 
Durante a [[respiración]] normal e durante a [[Articulación fonética|articulación]] das [[consoantes]] [[aspirada]]s, a glote fica aberta. Para articular as [[vogal|vogais]] e a maioría das consoantes [[sonoro|sonoras]], féchase a glote e só se abre periodicamente baixo a presión do aire. Esas aberturas e fechamentos sucesivos provocan unhas [[Onda sonora|onda]]s que producen o murmurio larínxeo chamado [[voz]]. Cando se fala en voz baixa, a glote fica medio fechada.
 
==Véxase tamén==