Traiñeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
comezo artigo dende es.wiki con achegas da web de Cabo da Cruz
 
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 8:
As traiñeiras son un claro exemplo de cómo o emprego dun instrumento de traballo vai desaparecendo co paso do tempo, dando lugar á competición e ao xogo, pasando a ser na actualidade unha embarcación deportiva de remo de banco fixo cunha estricta regulamentación no que se refire ao peso, dimensións, etc.
 
A traiñeira é a embarcación raíña do banco fixo e a maior das tres empregadas para a práctica deportiva ([[batel]] e [[traiñeiriña]] son as outras dúas), tanto polas súas dimensións como polo número de remeiros, xa que a tripulación está composta por 12 remeiros que se distribúen por parellaparellas (seis filas), un "palotero" que vai na proa da embarcación (tanto os remeiros como o "palotero" reman de costas), e un patrón situado na popa xeralmente de pé mirando a proa e manezando a embarcación co timón, o que fai un total de 14 tripulantes. O seu peso mínimo é de 200 Kg e as súas dimensións son as seguintes:
 
* Eslora total: 12 m
Liña 16:
* Manga mínima inferior en caderna mestra: 1.72 m
* Manga da caderna mestra a 0.23 da cara superior quilla: 1.17m
 
O material empregado durante anos era a [[madeira]] na súa totalidade, de [[cedro]] e [[Faia]]. Actualmente, o material empregado é a [[fibra de carbono]] e o [[kevlar]] para realizar embarcacións con técnicas de [[aeronáutica]], similares ás aplicadas na construción do [[fuselaxe]] do [[avión]] [[Airbus A380]].<ref name="trainera"/>
 
A embarcación é dunha peza e ten maior resistencia que anteriormente. A vida dunha embarcación nun club importante adoita ser de dous ou tres anos. Unha traiñeira, en [[2008]], tiña un prezo aproximado de 25.000 [[euro]]s.<ref name="trainera">[http://www.eldiariomontanes.es/20080731/deportes/remo/traineras-construyen-avanzadas-tecnicas-20080731.html Las traineras se construyen con avanzadas técnicas de la aeronáutica] ''[[El Diario Montañés]]''.</ref> Os remos, ao igual que as embarcacións eran de madeira, aínda que ao igual que ocorreu coa embarcación, evolucionaron ata a [[fibra de carbono]].
 
== Notas ==