Residuo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfíxose a edición 2578910 de 200.54.167.59 (conversa)
Liña 1:
[[Ficheiro:Vuilnis bij Essent Milieu.jpg|200px|miniatura|Residuos nun vertedoiro]]
los residuos son weas entera malas po wn :Z fin.
Un '''residuo''' é todo aquilo que non serve (desfeitos, refugallos,...) e que resultando como produto da [[Pegada ecolóxica|pegada]] e actividade do home, é necesario eliminar. É considerado lixo ou desfeita, xa que non vale nada, e a súa reutilización, en principio, non resulta viábel. Os residuos poden ser industriais, orgánicos, nucleares, gasosos...
 
==Tipos de residuos==
 
Segundo a súa orixe, a súa composición ou a súa perigosidade podemos clasificar os residuos de diferente maneira.
 
===Segundo a súa composición===
 
Podemos atopar diferentes tipos de residuos:
 
*'''Residuos orgánicos''': Son todos aqueles que constitúen ou constituíron [[Materia orgánica|materia viva]]. Trátase principalmente dos restos de comida, feces procedentes de animais, follas, ramas, mondas, etc. A principal fonte de residuos orgánicos procede da [[agricultura]] e da [[gandería]] A diferenza da maioría dos residuos, os residuos orgánicos son facilmente eliminábeis e reutilizábeis para outros usos, como por exemplo a transformación de restos agrícolas en [[Compostaxe|compost]], ou en [[Biocombustible|combustíbel orgánico]].
 
*'''Residuos non orgánicos''': Son todos aqueles que teñen unha orixe artificial, sexa [[Industria|industrial]] ou de outro tipo, e non biolóxica. Destacan aquí os derivados do [[petróleo]], sexa plástico, fibras sintéticas, vidro artificial, papel, etc.
 
*'''Residuos perigosos''': Existen, independentemente de se sexan orgánicos ou non, unha serie de residuos que son considerados nocivos, ben sexa porque posúan algún compoñente que poda danar o medio ambiente, ou ben porque pode resultar perigoso para o ser humano. Falamos de [[ácido]]s industriais, [[pila]]s, residuos nucleares, desfeitos infecciosos, gases contaminantes (dióxido de carbono, metano...)
 
===Segundo a súa orixe===
 
Dependendo de quen crease ou axudase a crear eses residuos falaremos de:
 
*'''Residuos domésticos''': Todo tipo de lixo que proveña de casas, pisos, urbanizacións e calquera outro domicilio.
anfdkdlsfjdsf lonjis qlos xD
 
*'''Residuos industriais''': Todos aqueles desperdicios provocados pola transformación e manufactura das [[Materia prima|materias primas]]. Non só falamos de residuos sólidos. Moitas industrias contaminan con residuos líquidos ou gasosos que van aos [[río]]s, [[mar]]es ou á [[atmosfera terrestre|atmosfera]].
 
*'''Residuos radioactivos''': Son unha variante dos residuos industriais coa diferenza de que posúen unha alta [[radiación]] perigosa para todo ser vivo. Deben ser tratados particularmente e cun coidado e unhas precaucións adicionais.
 
*'''Residuos comerciais''': que proveñen do sector do [[comercio]], sendo considerado residuo comercial o provocado por [[tenda]]s, [[feira]]s, [[oficina]]s, etc. Normalmente teñen unha composición orgánica como restos de peixe nunha lonxa, ou de froitas nunha froitería, pero tamén atopamos papeis, cartóns ou plásticos.
 
*'''Residuos hospitalarios''' ou '''de laboratorio''': Residuos que proveñen de [[centros médico]]s ou [[Hospital|hospitais]] tales como [[medicamento]]s, xeringas, vendas, material de quirófano, etc. Soen estar considerados perigosos.
 
*'''Residuo urbano''': Son aqueles que proveñen de materiais inservíbeis orixinados nas rúas e zonas públicas (parques, xardíns). Semáforos, sinais ou tobogáns rotos son [[Residuo urbano|residuos urbanos]].
 
*'''Residuo espacial''': Coñécese con este nome a todo o artificial que se atopa fóra do noso planeta, tales como [[Satélite artificial|satélites]] ou [[Estación espacial|estacións espaciais]] inservíbeis, ou o lixo depositado no espazo, en auxe nos últimos anos coma alternativa a depositar o lixo na Terra.
 
 
'''Táboa dos residuos en algunhas comunidades autónomas no ano 2004''' (en miles de toneladas)
 
{| {{Táboabonita}} align="center" width="100%"
| align="center" bgcolor="#707070" width="15%"| Comunidade
| bgcolor="#F0C000" align="center" width="20%"| '''Totais'''
| bgcolor="#C0C0C0" align="center" width="20%"| Perigosos
| bgcolor="#707070" align="center" width="15%"| Non perigosos
|-
| align="center"| Andalucía || align="center"| 6.806,9 || align="center"| 254,5 || align="center"| 6.552,4
|-
| align="center"| Illas Baleares || align="center"| 33,2 || align="center"| 4,3 || align="center"| 28,9
|-
| align="center"| '''Galiza''' || align="center"| '''4.710,7''' || align="center"| '''145,0''' || align="center"| '''4.565,7'''
|-
| align="center"| Euskadi || align="center"| 2.895,0 || align="center"| 327,3 || align="center"| 2.568,4
|-
| align="center"| Cataluña || align="center"| 4.850,2 || align="center"| 437,6 || align="center"| 4.412,6
|}
 
==Problemas que causan os residuos==
 
Os residuos son no noso planeta restos non [[Reutilización|reutilizábeis]] para o uso predestinado. É por iso polo que constitúen un problema para a sociedade e para o [[medio ambiente]] en xeral.
 
Debido ao aumento progresivo e exponencial da [[poboación mundial]], aumentan as necesidades de materias primas, alimento ou vivenda, polo que aumentarán tamén os residuos agrarios, industriais, e todos en xeral. O ser humano tratou dende tempos atrás eliminar estes residuos pero fíxoo moitas veces de maneira incorrecta, queimando o lixo, acumulándoo en [[Vertedoiro|vertedoiros]] sen ningún tipo de control,etc. Todo iso deu lugar a outros residuos, [[contaminación]] do [[Contaminación do aire|aire]], das [[Contaminación da auga|augas]]... Por exemplo á
 
Dende tempos antigos, os [[Animalia|animais]] e as [[planta]]s de xeito natural produciron residuos (feces, restos de comida, cadáveres…) pero a propia natureza desenvolveu un sistema cíclico capaz de rexenerar eses residuos. Mais o ritmo actual de sobrexplotación de recursos e falta de control na industria e nos residuos emitidos, representa unha ameaza para o equilibrio natural do noso planeta, contribuíndo ao quentamento da Terra e camiñando cara a desaparición dos recursos terrestres.[[Ficheiro:Łajno końskie 400.jpg|dereita|miniatura|Residuos animais (bosta)]]
 
Existen, para denunciar a situación do tratamento dos residuos, as organizacións ecoloxistas, que defenden ao medio ambiente vixiantes para que o número de residuos producidos non aumente e estes se traten correctamente para ser reintegrados no ciclo natural. As máis importantes son [[Greenpeace]], [[Ecoloxistas en Acción]] ou [[ADEGA]] e [[Verdegaia]] no ámbito galego. [[Ficheiro:Muxia1Marenegra1eue.jpg|dereita|miniatura|200px|O ''Prestige'' creou en Galicia unha gran traxedia medioambiental causada por residuos de fuel-oil]]
 
==Tratamento dos residuos==
 
*'''Enterramentos sanitarios'''
Os enterramentos sanitarios son a maneira máis práctica, barata e usada de eliminar o [[RSU|lixo doméstico e urbano]], alén de esgoto non tratado. Utiliza grandes áreas de terra, onde o lixo é depositado. Porén, inutilizan varios materiais que poderían ser reciclados, alén de ser unha fonte de polución do solo (líquidos que flúen do lixo para o solo, contendo [[bacteria]]s e [[Produto tóxico|produtos tóxicos]]), de ríos e lagos (cando tales líquidos flúen da terra cara corpos de auga na rexión) e do ar (descomposición, que xera enormes cantidades de [[metano]] e outros axentes contaminantes).[[Ficheiro:Mixed_municipal_waste.JPG|dereita|miniatura|200px|Imaxe tomada nunha planta de tratamento de residuos]]
 
*'''Incineradores'''
Os incineradores incineran literalmente o lixo, reducíndoo a [[cinza]]s. É altamente contaminante, xerando enormes cantidades de gases que contribúen ao agravamento do [[Efecto invernadoiro|efecto estufa]]. É o método utilizado para a destrución de lixo hospitalario, que poden conter axentes causantes de doenzas potencialmente fatais.
 
*'''Reciclaxe'''
O reciclaxe é a reutilización de materiais que senón serían consideradas lixo. Os tipos de materiais reciclábeis máis comúns son o [[papel]], [[Metal (material)|metais]] (non pesados), [[plástico]] e a [[madeira]]. A reciclaxe ten a vantaxe de ser un medio ecolóxico de producir produtos, mais porén pode ser cara. Apenas se utiliza a grande escala nos [[países desenvolvidos]], principalmente no [[Xapón]], nos [[Escandinavia|países escandinavos]], na [[Inglaterra]] e no [[Canadá]]. Tampouco se poden reciclar todos os materiais, por presentar algún grao de perigo á saúde humana.
 
*'''Confinamento permanente'''
O lixo altamente tóxico e duradeiro, que non se pode destruír, como o lixo nuclear, precisa tratarse e confinarse permanentemente nalgún lugar de difícil acceso, como por exemplo en túneles escavados a quilómetros por baixo do solo.
 
==Solucións ao problema==
 
A medida básica para solucionar os problemas medioambientais que estes producen é non xerar residuos na medida do posíbel. É dicir, perturbar o menos posíbel o ciclo natural, procurando reempregar todo aquilo que xa cumpriu a súa función. Tamén podemos reciclar todos aqueles residuos para volvelos poñer de novo no ciclo natural, e reducires ao máximo aqueles residuos non reciclábeis e polo tanto perigoso para o medio, coma pode ser as expulsións de residuos industriais.
 
'''Reducir a cantidade de residuos'''
 
Sería conveniente reconducir á industria e o comercio de forma que se reducisen os residuos potenciais, tales como envases innecesarios, e promover a reutilización destes. Así, potenciando medidas como a subvención de compostadoiros caseiros (A Mancomunidade do Barbanza ou o Concello de Santiago de Compostela retomaron medidas coma descontarlle á metade o prezo do lixo ás familias que realizasen [[compostaxe]] caseiro cos seus residuos orgánicos), ou comprando produtos a granel para non esgotar recursos e contaminar o menos posíbel, axudaremos a manter limpo o noso planeta.
 
'''Separación dos residuos'''
 
Logo de aproveitar ao máximo a primeira medida, debemos separar todo o residuo xerado dunha forma eficiente, para asi facilitar o traballo cuxa finalidade é a reintegración do lixo no ciclo produtivo, tal e como fai e fixo a natureza. Así, acabaríase co sistema produción-consumo-eliminación e sumiríase nun ciclo produción-consumo-reciclaxe-consumo.
 
No sistema actual de separación do lixo, existen diferentes contedores dependendo do tipo de residuos. Así, o contedor azul estará destinado a papeis e cartóns, o verde claro a vidro, o amarelo a plásticos, latas e briks, e o verde escuro a restos orgánicos e todos os demais residuos. Ademais existen lugares específicos de recollida de pilas, roupa ou medicamentos.[[Ficheiro:Es reciclaje contenedoresOrgánicoInorgánico.jpeg|miniatura|dereita|200px|Contedores orgánicos e inorgánicos]]
 
Unha medida adoptada en varios concellos é a fabricación de ''[[compost]]'' caseiro cos restos orgánicos de calquera domicilio. Restos de comida, coma ovos, cascas ou carne, desperdicio do café, follas secas ou restos de plantas forman todo o necesario para formar ''compost'', que posteriormente se converterá en ''[[humus]]'', o mellor abono natural. Este método é moi conveniente xa que en Galicia o 50% dos residuos son orgánicos e en España o 39%.
 
'''Canalización de produtos finais'''
 
Todos os produtos que non poidan ser reintegrados no ciclo, deben ser eliminados ou acumulados en zonas que non supoñan perigo para o ser humano, e danen na menor medida ao medio natural. Exemplos de produtos para os que ata agora non se coñece un método de reciclaxe son [[cueiro]]s ou [[compresa]]s.
 
==Véxase tamén==