Rocío Jurado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
Con dezaseis anos da man da súa nai, viaxou a Madrid para facerse artista, con todo, a súa carreira imparable non comezou ata o seu primeiro encontro coa "cantaora" Pastora Imperio. Pastora Imperio inmediatamente contrata a Rocío no Tablao que dirixía, O Duende.
Rocío Jurado, amenceu cun repertorio músical, dun xénero que comezaba a perder forza ,a copla, que revitalizou coas súas performances enérxicas, tanto en voz e presencia de escenario . A xente xa nos anos sesenta e setenta coñecía a Rocío en parte por algunhas das aparicións na televisión e cine,pero deu o salto ao status de estrela internacional por se curvar a un repertorio melódico de baladas románticas, con instrumentación orquestral e unha imaxe persoal (pelo, maquillaxe e roupas).Dos anos setenta(finais), oitenta e noventa son os seus éxitos Como una ola, Señora, Como yo te amo, Como las alas al viento ... moitos deles compostos por Manuel Alejandro. En 1982, aplicou o seu talento cantando flamenco nun LP dobre.
A súa voz foi recoñecida internacionalmente. Proba diso é o premio de Mellor Voz Feminina do século XX, que foi concedido en 2000 na cidade de Nova York. Ademais, cantou na Casa Branca para o entón presidente dos Estados Unidos, Ronald Reagan, conta con 150 Discos de Ouro y 63 de Platino.
O cancro que se manifestou nos seus últimos anos obrigouna a retirarse do escenario, con todo, a finais de 2005 apareceu nun programa especial para TVE, onde atopou a forza para impresionar o público.
Durante a súa vida Rocío Jurado estivo casada duas veces ,a primeira co boxeador Pedro Carrasco(co que tivo a súa única filla biolóxica) ,e máis tarde contraxo matrimonio co toureiro José Ortega Cano.