Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 66:
 
=== Támara Echegoyen e Sofía Toro ===
A viguesa Támara Echegoyen Domínguez e a coruñesa Sofía Toro participaron, xunto coa asturiana [[Ángela Pumariega]], na proba olímpica da Clase Elliott 6m. A competición disputouse, por primeira vez nuns Xogos Olímpicos, baixo o sistema ''match race''. As [[Regata|regatas]] da liguiña inicial tiveron lugar entre o [[29 de xullo]] e o [[4 de agosto]], fase na que a embarcación das galegas quedou clasificada en terceira posición. Tras vencer a [[Francia]] (3-0) e a [[Rusia]] (2-1) nos cuartos e na semifinal, respectivamente, as galegas alcanzaron a final do torneo. O día [[11 de agosto]], logo dunha axustadísima eliminatoria, Echegoyen, Toro e Pumariega foron quen de vencer por 3-2 á difícil embarcación [[Australia|australiana]]. O ouro acadado por estas dúas regatistas marcou un fito na historia do deporte galego por se tratar da [[Lista de medallistas olímpicos galegos|primeira medalla olímpica]] acadadaconseguida por unha muller galega.
 
== Notas ==