Pilus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
Os pili sexuais utilízanse durante a [[conxugación bacteriana]], na cal dúas bacterias transfiren parte do seu [[ADN]] dunha a outra. Denomínanse "sexuais" porque a conxugación é parecida a unha reprodución sexual no sentido en que se intercambian xenes entre os individuos por medio da formación de "parellas de conxugación" ou apareamento. O mellor estudado é o pilus F de ''[[Escherichia coli]]'', codificado no [[plásmido]] F ou factor de fertilidade.
 
Un destes pili adoita ter uns 6 ou 7 [[nanómetro|nm]] de diámetro. Durante a conxugación, un pilus emerxe da bacteria doante (do ADN) engancha a bacteria receptora, e por arrastre as dúas bacterias achéganse, e finalmente créase unha ponte de apareamento, que establece contacto directo entre ambas as bacterias e fórmase un poro controlado que permitirá a transferencia do ADN da doante á receptora. Tipicamente, o ADN transferido consiste en xenes que se requiren para facerproducir e transferir pili sexuais (xeralmente codificados en [[plásmido]]s), pero tamén outros xenes que son cotransferidos, o que causa unha diseminación dasde caracteristicas xenéticas entre a poboación bacteriana, como a [[resistencia a antibióticos]]. Non todas as bacterias poden producir pilis sexuais, pero a conxugación pode ocorrer mesmo entre bacterias de distintas especies.
 
===Pili de tipo IV===