Pilus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Conjugation.svg|right|thumb|350px|Esquema da conxugación bacteriana, na que interveñen os pili sexuais. '''1-''' A célula doante produce un pilus. '''2-''' O pilus únese á célula receptora, e achega as dúas células. '''3-''' O plásmido móbil é cortado e transfírese unha cadea simple de ADN á célula receptora. '''4-''' Ambas as células recircularizan os seus plásmidos, sintetízase a segunda cadea do ADN, e reproducen os pili, xa que agora ambas as células son doantes viables.]]
 
Un '''pilus''' (que en [[latín]] significa pelo, en plural '''pili'''), ás veces considerado sinónimo de '''fimbria''', é un apéndice similar en forma a un pelo que se encontra na superficie de moitas [[bacteria]]s. <ref name= JarrellK>{{cite book |author= Jarrell, K (editor)| year=2009 |title=Pili and Flagella: Current Research and Future Trends | publisher=Caister Academic Press | isbn= 978-1-904455-48-6}}</ref> Aínda que os termos pilus e fimbria (do latín "filamento", "fibra") utilízanse xeralmente como sinónimos, algúns investigadores reservan o termo ''pilus'' para os apéndices requiridos para a conxugación bacteriana. Todos os pilos están compostos esencialmente polas proteínas oligomérics [[pilina]]s.
 
Os pili son máis característicos das bacterias [[Gram negativa]]s, pero tamén poden aparecer nalgunhas especies [[Gram positiva]]s. Unha bacteria pode ter ducias de pili por toda a súa superficie. Os pili sérvenlles ás bacterias para unirse a superficies ou a outras bacterias. Algúns virus [[bacteriófago]]s utilizan os pili das bacterias para adherirse á superficie bacteriana e iniciar o seu ciclo replicativo.