Diferenzas entre revisións de «Nebulosa planetaria»

m
m (r2.7.3) (Bot: Engado: id:Nebula planet)
As estrelas centrais nas nebulosas planetarias están moi quentes. Só unha vez que a estrela remata o seu combustible nuclear pode colapsar nun tamaño tan pequeno, polo que as nebulosas planetarias viñeron a ser entendidas como unha fase final da evolución estelar. Observacións co espectroscopio amosan que todas as nebulosas planetarias estanse expandindo. Isto leva á idea de foron causadas polas capas exteriores das estrelas lanzadas ao espazo despois da súa vida.
 
Cara finais do século XX, as melloras tecnolóxicas axudaron a profundizar o estudio das nebulosas planetarias. Os telescopios espaciais permitíronlle aos astrónomos a estudar a luz emitida máis alá do espectro visible, que non é detectada polos observatorios baseados en terra (debido a que só as ondas de radio e a luz visible poden penetrar a atmosfera terrestre). Estudos [[infravermello]]s e [[ultravioleta]]s das nebulosas planetarias permitiron determinar de xeito máis preciso as súas temperaturas e densidades. A tecnoloxía dos dispositivos CCD (Charge-coupled device) permitíu medir con máis precisión liñas espectrais moito máis tenues do que antes era posible. O [[telescopio espacial Hubble]] tamén amosou que, mentres moitas nebulosas parecen ter estructurasestruturas sinxelas e regulares dende a superficie da Terra, a alta resolución óptica conseguida por un telescopio sobre a atmosfera revela morfoloxías extremadamente complexas.
 
==Ligazóns externas==
62.066

edicións