Axel Pehrsson-Bramstorp: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 24:
Mentres cimentaba a súa riqueza como agricultor, estivo activo en política social e rexional e en [[1918]] converteuse en membro da segunda cámara do ''Riksdag'' ([[Parlamento]]), representando ao Partido Liberal, pero non foi reelecto en [[1921]]. Máis tarde adheriu ao partido agrario ''Bondeförbundet'' (a "Liga dos Granxeiros") e foi novamente electo en [[1929]] como membro da segunda cámara, onde permanecería até [[1949]]. Foi presidente do partido entre [[1934]] e [[1949]].
 
Cando o gabinete social demócrata de [[Per Albin Hansson]] foi cesado pola maioría parlamentaria na primavera de [[1936]], Pehrsson recibiu o mandato do [[Rei]] [[Gustavo V de Suecia|Gustavo V]] de formar unha coalición de goberno non socialista. Isto resultou imposible, e Pehrsson dirixiu un gabinete monopartidario como primeiro ministro durante tres meses. Como o seu gabinete só permaneceu á fronte do país durante o [[verán]], foi chamado "o goberno de vacacións". Pehrsson tamén ocupou nese breve período o cargo de [[Ministro (goberno)|ministro]] de Agricultura; tras as eleccións para a segunda cámara en setembro renunciou como primeiro ministro, pero permaneceu como ministro de Agricultura no novo gabinete de Hansson, que era unha coalición de social demócratas e o ''Bondeförbundet''. Continuou na mesma posición no gabinete de coalición nacional que se formou, tamén baixo o liderado de Hansson, ao estalar a [[Segunda Guerra Mundial]] en [[1939]] e que permaneceu até a fin da guerra en [[1945]].
 
Tras a renuncia do gabinete de coalición do período da guerra, Bramstorp mantivo importantes posicións nas organizacións de agricultores, á vez que continuou como presidente do seu partido e membro do Parlamento, ata que a [[enfermidade]] o forzou a retirarse en [[1949]]. Foi galardoado co título de cabaleiro da ''Orde do Serafín'' ese mesmo ano, e viviu o resto da súa vida na súa granxa.