Lente (óptica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
m →‎Historia: Idade Antiga
Liña 14:
 
==Historia==
Foi en [[Nínive]], antiga capital do [[Asiria|Imperio asirio]], onde, no [[século XIX]], Sir Austen Henry Layard descubriu os primeiros vidros lentiformes, en [[estrato (xeoloxía)|estratos]] datados en 4000 anos antes da nosa era. Ignórase para que servían exactamente, pero este descubrimento suscita numerosas preguntas porque esta cidade foi durante longo tempo o gran centro comercial e cultural do [[Medio Oriente]], e porque a vulgarización dos coñecementos adquiridos é unha práctica rara na [[Idade Antiga|Antigüidade]].
 
As primeiras mencións inequívocas da utilización dunha lente proveñen da [[Grecia antiga]]. [[Aristófanes]] menciona na súa obra ''As nubes'', escrita en [[423]] a.C., un ''vaso de lume'' (unha lente converxente utilizada para producir [[lume]] concentrando nun punto os [[raio|raios solares]]).