Wassily Kandinsky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m →‎Arte abstracta: Construtivismo (arte)
Liña 57:
En [[1913]] unha obra súa preséntase no ''Armory Show'' de [[Nova York]] e, ó estoura-la [[Primeira Guerra Mundial]], volve a Rusia, instalándose en [[Moscova]], ata o ano [[1921]].
 
A partir da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución de Outubro]] do ano [[1917]], Kandinsky desenvolve un traballo administrativo para o Comisariado do Pobo para a Educación; entre os proxectos deste organismo está a reforma do sistema educativo das escolas de arte. En [[1920]] foi un dos fundadores en Moscú do INKhUK (Instituto para a Cultura Artística), ó longo dese ano xurdiu o conflito entre Kandinsky, [[Kasimir Malevitch|Malevitch]] e outros pintores idealistas fronte ós [[produtivismo|produtivistas]] (ou [[construtivismoConstrutivismo (arte)|construtivistas]]), [[Vladimir Tatlin]] e [[Alexander Rodchenko]]. Este último grupo atopou un forte apoio no "plan de propaganda monumental", ideado polas autoridades políticas da Revolución. A situación de tensión propiciou a saída de Kandinsky de Rusia.
 
En [[1922]] trasládase a [[República de Weimar|Weimar]] ([[Alemaña]]), onde imparte clases teóricas para a [[Bauhaus|Escola da Bauhaus]]. En [[1926]] publícase o seu libro ''Punto e liña sobre o plano. Contribución á análise dos elementos pictóricos'', unha continuación orgánica do seu traballo anterior ''Do espiritual no arte''. Permanecerá na [[Bauhaus]] ata o ano [[1933]] cando o [[Tercer Reich]] clausura a institución.