Diferenzas entre revisións de «Endoderme»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Tertiary Endodermis Iris florentina.png|thumb|Endoderme de ''Iris florentina'''. '''1. Célula de paso da endoderme''', 2. Célula do [[parénquima]] cortical (córtex), '''3. Células con engrosamento en forma de U (endoderme)''', 4. Células do [[periciclo]], 5. Células do [[floema]], 6. [[Elemento dos vasos]] do [[xilema]].]]
 
A '''endoderme''' é unha capa interna do córtex, que rodea o cilindro vascular nalgunhas plantas terrestres (ou ao [[periciclo]] nas raíces). É máis frecuente nas raíces ca nos talos. A endoderme marca o límite entre o córtex e a [[estela]]. Está feita de células vivas dispostas ben compactadas coas veciñas; pode constar dunha capa de células ou de varias; a súa capa externa de células está impregnada de substancias [[hidrófobo|hidrófobas]], que forman a chamada [[banda de Caspary]], que impide o fluxo [[apoplasto|apoplástico]] (polos espazos entre as células) de auga cara ao interior do cilindro central. <ref>{{cite book |last= Rost |first= Thomas L. |coauthors= Michael Barbour, C. Ralph Stocking, Terence Murphy |title= Plant Biology, 2nd Edition |publisher= Thompson, Brooks/Cole |year= 2006 |isbn= 0-534-38061-1}}</ref>
 
En moitas [[pteridófita]]s, a endoderme é unha capa perfectamente distinguible situada xusto por fóra do cilindro vascular (estela) de talos e raíces. Na maioría das plantas con sementes, especialmente as leñosas, a endoderme está ausente dos talos pero presente nas raíces.
178.027

edicións