Diferenzas entre revisións de «Endoderme»

sen resumo de edición
{{entradución}}
<center>''Non confundir co [[endodermo]] (capa celular embrionaria animal)''</center>
A '''endoderme''' é unha capa interna do córtex, que rodea o cilindro vascular nalgunhas plantas terrestres (ou ao [[periciclo]] nas raíces). A endoderme marca o límite entre o córtex e a [[estela]]. Está feita de células vivas dispostas ben compactadas coas veciñas; pode constar dunha capa de células ou de varias; a súa capa externa de células está impregnada de substancias [[hidrófobo|hidrófobas]], que forman a chamada [[banda de Caspary]], que impide o fluxo [[apoplasto|apoplástico]] (polos espazos entre as células) de auga cara ao interior do cilindro central. <ref>{{cite book |last= Rost |first= Thomas L. |coauthors= Michael Barbour, C. Ralph Stocking, Terence Murphy |title= Plant Biology, 2nd Edition |publisher= Thompson, Brooks/Cole |year= 2006 |isbn= 0-534-38061-1}}</ref>
 
En moitas [[pteridófita]]s, a endoderme é unha capa perfectamente distinguible situada xusto por fóra do cilindro vascular (estela) de talos e raíces. Na maioría das plantas con sementes, especialmente as leñosas, a endoderme está ausente dos talos pero presente nas raíces.
==Funcións da endoderme==
 
A endoderme impide que a auga e os solutos disolvidos nela pasen a través da vía apoplástica. A auga pode só pasar a través da endoderme cruzando a membrana das células endodérmicas en dúas ocasións, unha para entrar e outra para saír. O fluxo de auga que se move dentro e fóra do [[xilema]], que forma parte do apoplasto, pode así ser regulado, xa que deben entrar no [[simplasto]] (polo [[citoplasma]] das células) na endoderme. Este prmite á planta controlar en certa medida o movemento de auga e a súa captación selectiva ou impedir o paso de auga, ións e outras moléculas.
 
Na endoderme hai unhas células chamadas '''células de paso'''. Estas células endodérmicas das raíces vellas manteñen as súas paredes celulares finas e non suberizadas, polo que permiten o fluxo simplástico cara ao interior. As probas experimentais indican que as células de paso funcionan permitindo a transferencia de solutos como o calcio e o magnesio na estela, para que finalmente chegan ao sistema de transpiración. <ref name="Peterson 1996">{{cite journal | title = Functions of passage cells in the endodennis and exodermis of root | journal = PHYSIOLOGIA. PLANTARUM | volume = 97 | year = 1996 | pages = 592-598 | author1 = Peterson. C. A. | author2 = Enstone, D. E. | url = http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1399-3054.1996.tb00520.x/pdf | doi=10.1111/j.1399-3054.1996.tb00520.x}}</ref> Porén, na maior parte dos casos, as raíces vellas teñen unha endoderme impermeable completa e só serven para conducir a auga e os minerais absorbidos desde as raíces novas de niveis inferiores.
190.138

edicións