Diferenzas entre revisións de «Endoderme»

==Estrutura da endoderme==
 
A endoderme desenvólvese como a capa máis interna do córtex. Pode constar dunha soa capa de células con forma de barril sen espazos intercelulares ou ás veces de varias capas de células. As células da endoderme tipicamente teñen as súas paredes celulares primarias engrosadas en catro das súas seis caras (caras radiais e transversas) cunha impregnación de [[suberina]], unha substancia impermeable, cerosa, que nas células endodérmicas novas se deposita formando bandas características, chamadas [[bandas de Caspary]]. Estas bandas varían en amplitude pero son normalmente menores ca o grosor da parede celular na cal se depositaron. Se comparamos a endoderme cun ciindro de ladrillos, os ladrillos representarían as células endodérmicas e o cemento que os une seríansería as bandas de Caspary. En células endodérmicas máis vellas, a suberina pode estar depositada máis extensivamente sobre todas as paredes celulares e as células poden mesmo lignificarse, formando unha capa impermeabloe comleta.
 
Algunhas plantas teñen un gran número de [[amiloplasto]]s ([[plasto]]s que conteñen [[amidón]]) nas súas células endodérmicas, e nese caso a endoderme denomínase vaíña amilífera.
177.365

edicións