Diferenzas entre revisións de «Endoderme»

sen resumo de edición
{{entradución}}
A '''endoderme''' é unha capa interna do córtex, que rodea ao cilindro vascular nalgunhas plantas terrestres (ou ao [[periciclo]] nas raíces). A endoderme marca o límite entre o córtex e a [[estela]]. Está feita de células vivas ben compactadas coas veciñas; pode constar dunha capa de células ou de varias; a súa capa externa de células está impregnada de substancias [[hidrófobo|hidrófobas]], que forman a chamada [[banda de Caspary]], que impide o fluxo [[apoplasto|apoplástico]] de auga cara ao interior do cilindro central. <ref>{{cite book |last= Rost |first= Thomas L. |coauthors= Michael Barbour, C. Ralph Stocking, Terence Murphy |title= Plant Biology, 2nd Edition |publisher= Thompson, Brooks/Cole |year= 2006 |isbn= 0-534-38061-1}}</ref>
 
En moitas [[pteridófita]]s, a endoderme é unha capa perfectamente distinguible situada xusto por fóra do cilindro vascular (estela) de talos e raíces. Na maioría das plantas con sementes, especialmente as leñosas, a endoderme está ausente dos talos pero presente nas raíces.
177.394

edicións