Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: als:Despotat Epirus
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 11:
A rexencia latina pasou a Henrique, conde de Hainaut, irmán de Balduíno, que foi confirmado no mes de xuño. O [[despotado de Sinope|déspota de Sinope]], David Comneno, aliouse con Henrique contra Teodoro Lascaris pero foi derrotado en [[Nicomedia]]. O peso da loita pasou entón á parte occidental onde Bonifacio de Montferrato, rei de [[Tesalónica]], tivo que loitar contra o [[despotado de Grecia|déspota de Grecia]] León Sguros ao que gañou nas [[Termópilas]] asegurándose o dominio de [[Tesalia]]. Outros señores latinos avantsaron máis ao sur: Guillerme de Champlitte e Godofredo de Villehardouin entraron en [[Beocia]] e ocuparon [[Tebas (Grecia)|Tebas]] sen loita; despois seguiron ata [[Atenas]] e a illa de [[Eubea]] (= [[Negroponte]] ou [[Évvoia]]).
 
O [[Peloponeso]] someteuse ao déspota Miguel de Epiro e Tebas e Atenas constituíronse en baronía dependente do rei de [[Tesalónica]] concedida a Odón I de la Roche; a illa de Negroponte ([[Eubea]] -ou [[Évvoia]]-) foi doada a Xaime de Avesnes. Godofredo de Villehardouin e Guillerme de Champlitte invadiron o Peloponeso e ocuparon [[Elide]] e [[Arcadia]], desfacendo as tropas enviadas polo déspota Miguel na [[Batalla de Kondura]]. Guillerme foi proclamado príncipe de Acaia ([[Acaia, Grecia|Acaia]]), con poder feudal sobre Atenas e Tebas aínda que feudatario do rei de Tesalónica. Godofredo foi proclamado príncipe de Koron e [[Kalamata]].
 
O ano [[1206]] foi de calma, con Miguel intentado refacer as súas tropas. Na primavera de [[1207]] atacou aos latinos pero foi derrotado na [[Batalla de Lakos]]. Esta derrota e os feitos que se desenvolveron na rexión (o fortalecemento do Emperador que asegurou a submisión do reino de Tesalónica, que non respectaba a soberanía imperial) fixeron que en [[1209]], no Parlamento de Ravenica, Miguel I se recoñecese como vasalo do [[Imperio latino]]: unha filla de Miguel casouse con Eustaquio, irmán do emperador, selando así a alianza.