Bioloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ln:Mambí ma bomɔi
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio pnb:حیاتیات por pnb:جیون پڑھت; cambios estética
Liña 1:
A '''bioloxía''' é a [[ciencia]] que estuda a [[vida]] e, en particular, as características e [[comportamento]] dos [[ ser vivo|organismoorganismos]]s, a orixe de [[especie]]s e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu [[ambiente]]. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas.
 
A vida é estudada á escala [[átomo|atómica]] e [[molécula|molecular]] pola [[bioloxía molecular]], pola [[bioquímica]] e pola [[xenética molecular]], no nivel da [[célula]] pola [[bioloxía celular]] e á escala [[multicelular]] pola [[fisioloxía]], pola [[anatomía]] e pola [[histoloxía]]. A [[bioloxía do desenvolvemento]] estuda a vida ao nivel do desenvolvemento ou [[ontoxenia]] do organismo individual.
 
Subindo na escala para grupos de máis dun organismo, a [[xenética]] estuda como funciona a [[herdanza]] entre os proxenitores e mais a súa descendencia. A [[etoloxía]] estuda o comportamento dos individuos. A [[xenética de poboacións|xenética poboacional]] traballa ao nivel da [[poboación]], en tanto que a [[sistemática]] traballa con [[liñaxe]]s de moitas especies. As relacións de individuos, poboacións e especies entre si e cos seus [[ Hábitat (ecoloxía)|hábitathábitats]]s son estudadas pola [[ecoloxía]] e pola [[bioloxía evolutiva]]. Unha nova área, altamente especulativa, a [[astrobioloxía]] (ou xenobioloxía) estuda a posibilidade de vida para alén do noso planeta.
<div class="thumb tright">
<div style="width:280px;">
Liña 31:
 
=== Diversidade: a variedade dos organismos vivos ===
Malia a unidade subxacente, a vida exhibe unha diversidade sorprendente en termos de [[Morfoloxía (bioloxía)|morfoloxía]], [[comportamento]] e [[ ciclo de vida (bioloxía) |ciclos de vida]]. A clasificación de todos os seres vivos é unha tentativa de lidar con toda esta diversidade, e o obxecto de estudo da [[sistemática]] e da [[taxonomía]]. A taxonomía separa os organismos en grupos chamados [[taxa]], en canto que a sistemática procura estabelecer relacións entre estes. Unha clasificación científica debe reflectir as [[árbore filoxenética|árbores filoxenéticas]], tamén chamadas árbores evolutivas, dos varios organismos.
 
Tradicionalmente, os seres vivos son divididos en cinco reinos (véxase [[Clasificación dos seres vivos]]):
 
:[[Monera]] -- [[Protista]] -- [[ Fungo (bioloxía)|Fungi]] -- [[Plantae]] -- [[Animalia]]
 
Con todo, varios autores consideran este sistema desactualizado. As abordaxes máis modernas comezan xeralmente co [[sistema dos tres dominios]]:
Liña 47:
=== Continuidade: a orixe común de toda a vida ===
{{AP|Orixe da vida}}
Dise que un dado grupo de organismos ten '''orixe común''' se teñen un [[ancestral]] común. Todos os [[ser vivo|organismoorganismos]]s que existen na [[Terra]] descenden dun ancestral común ou dun [[pool de xenes]] ancestral. Crese que este "último devanceiro común universal", isto é, o ancestral común máis recente de todos os organismos, xurdiu hai preto de [[cronoloxía evolutiva|3,5 mil millóns de anos]] (ver: [[orixe da vida]]).
 
A noción de que "toda a vida [advén] d[un] ovo" (do [[latín]] "[[Omne vivum ex ovo]]"), un concepto fundamental da bioloxía moderna, significa que hai unha continuidade ininterrompida de vida desde a súa orixe ata ao presente. Ata ao [[século XIX]] era crenza común que os seres vivos podían xurdir espontaneamente baixo certas condicións (ver [[abioxénese]]). A universalidade do [[código xenético]] é xeralmente considerada unha proba definitiva a favor da teoría da descendencia universal común (UCD: universal common descent) para [[bacteria]]s, [[archaea]] e [[eukaryota ]]s (ver: [[sistema dos tres dominios]]).
Liña 53:
=== Homeostase: adaptación á mudanza ===
{{Artigo principal|Homeostase}}
A '''homeostase''' é a [[propiedade]] dun [[sistema aberto]] de regular o seu ambiente interno de modo que manteña unha condición estábel mediante múltiplos axustes dun [[equilibrio dinámico]] controlados por unha interacción de mecanismos de regulación. Todos os [[ ser vivo |organismoorganismos]]s, [[unicelular]]es e [[ Organismo pluricelular|multicelularmulticelulares]]es, exhiben homeostase. A homeostase pódese manifestar ao nivel da célula, na manutención dunha acidez ([[pH]]) interna estábel, do organismo, na temperatura interna constante dos animais de [[sangue quente]], e mesmo do [[ecosistema]], no maior consumo de [[dióxido de carbono]] atmosférico debido a un maior crecemento da [[planta|vexetación]] provocado polo aumento do teor de dióxido de carbono na atmosfera. [[Tecido (bioloxía)|TecidoTecidos]]s e [[orgo]]s tamén manteñen homeostase.
 
=== Interacción: grupos e ambientes ===
Todo o ser vivo interactúa con outros [[ Ser vivo |organismoorganismos]]s e co seu [[ambiente]]. Unha das razóns polas cales os sistemas biolóxicos son tan difíciles de estudar é precisamente a posibilidade de tantas interaccións diferentes con outros organismos e co ambiente. Unha [[bacteria]] microscópica reaccionando a un gradiente local de azucre está a reaccionar co seu ambiente exactamente da mesma forma que un [[panthera leo|león]] está a reaccionar co seu cando procura alimento na [[sabana]] [[África|africana]]. Estas relacións entre organismos poden ser de dous tipos:
 
* '''[[Relación intraespecífica|Intraespecíficas]]'''. Entre organismos da mesma especie.
Liña 124:
Comprender a composición e o funcionamento das células é esencial para todas as ciencias biolóxicas. Avaliar as semellanzas e as diferenzas entre os diferentes tipos de células é particularmente importante para estas dúas disciplinas, e é a partir destas semellanzas e diferenzas fundamentais de onde emerxe un patrón unificador que permite que os principios deducidos a partir dun tipo de célula sexan extrapolados e xeneralizados para outros tipos de célula.
 
A '''xenética''' é a [[ciencia]] dos [[xene]]s, da [[herdanza]] e da [[evolución|variación]] entre [[ser vivo|organismoorganismos]]s. Na investigación moderna fornece ferramentas importantes para o estudo da función dun xene particular e para a análise de [[interacción xenética|interaccións xenéticas]]. Nos [[ser vivo|organismoorganismos]]s, a información xenética normalmente está nos [[cromosoma]]s, máis concretamente, na [[estrutura química]] de cada unha das [[molécula]]s de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]].
 
Os [[xene]]s codifican a información necesaria para a síntese de proteínas que, á súa vez, desempeñan un papel esencial, aínda que lonxe de absoluto, na determinación do [[fenotipo]] do organismo.
 
A '''bioloxía do desenvolvemento''' estuda o proceso polo cal os organismos crecen e se desenvolven. Confinada orixinalmente á [[embrioloxía]], nos nosos días estuda o control xenético do [[crecemento celular|crecemento]] e [[diferenciación celular]] e da [[morfoxénese]], o proceso que dá orixe aos [[Tecido (bioloxía)|tecidotecidos]]s, [[órgano]]s e á [[anatomía]] en xeral. Entre as especies privilexiadas nestes estudos atópanse o nematodo ''Caenorhabditis elegans'', a mosca do vinagre ''Drosophila melanogaster]], o peixe-cebra ''Brachydanio rerio'', o rato ''Mus musculus'', e a herba ''Arabidopsis thaliana''.
 
=== Fisioloxía dos organismos ===
Liña 140:
A '''bioloxía evolutiva''' ocúpase da orixe e descendencia das [[especie]]s, así como da súa modificación ao longo do tempo, ou sexa, da súa [[evolución]]. É unha área heteroxénea onde traballan investigadores procedentes das máis variadas disciplinas [[taxonomía|taxonómicas]], tales como a [[mamaloxía]], a [[ornitoloxía]] e a [[herpetoloxía]], que usan o seu coñecemento sobre estes organismos para responder a cuestións xerais de evolución. Inclúe tamén aos [[paleontoloxía|paleontólogos]] que estudan [[fósil]]es para responder a cuestións acerca do modo e do tempo da evolución, e teóricos de áreas como a [[xenética de poboacións]] e a [[Teoría da evolución|teoría evolutiva]]. Na década de [[1990]], a [[bioloxía do desenvolvemento]] recuperou o seu papel na bioloxía evolutiva despois da súa exclusión inicial da síntese moderna. Áreas como a [[filoxenia]], a [[sistemática]] e a [[taxonomía]] están relacionadas coa bioloxía evolutiva e son ás veces consideradas parte desta.
 
As dúas grandes disciplinas da '''taxonomía''' son a botánica e a zooloxía. A '''botánica''' ocupase do estudo das [[planta]]s e abrangue un vasto abano de disciplinas que estudan o seu [[crecemento]], [[reprodución]], [[metabolismo]], [[desenvolvemento]], [[fitopatoloxía|doenzas]] e [[evolución]]. A '''zooloxía''' ocúpase do estudo dos [[animal|animais]], incluíndo aspectos como a súa [[fisioloxía]], [[anatomía]] e [[embrioloxía]]. Tanto a botánica como a zooloxía se dividen en disciplinas menores especializadas en grupos particulares de animais e plantas. A taxonomía inclúe outras disciplinas que se ocupan doutros organismos alén das plantas e dos animais, como, por exemplo, a [[micoloxía]], que estuda os [[ Fungo (bioloxía)|fungofungos]]s. Os mecanismos xenéticos e de desenvolvemento compartidos por todos os organismos estúdanse na [[bioloxía molecular]], a [[xenética molecular]] e a [[bioloxía do desenvolvemento]].
 
==== Clasificación da vida ====
Liña 147:
=== Interaccións entre organismos ===
{{Artigo principal|Ecoloxía|Etoloxía}}
A '''ecoloxía''' estuda a distribución e a abundancia dos [[vida|organismos vivos]], e as interaccións dos organismos entre si e co seu [[ambiente]]. O ambiente dun organismo inclúe non só o seu hábitat, que pode ser descrito como a suma dos factores [[abiótico]]s, tales como o [[clima]] e a [[xeoloxía]], pero tamén polos outros organismos con quen comparte o seu [[Hábitat (ecoloxía) |hábitat]]. Os sistemas ecolóxicos son estudados a diferentes niveis, do individual e [[poboación|poboacional]] ao do [[ecosistema]] e da [[biosfera]]. A ecoloxía é unha ciencia multidisciplinar, recorrendo a varios outros dominios científicos.
 
A '''etoloxía''' estuda o [[comportamento]] [[animal]] (con particular énfase nos animais sociais como os [[primate]]s e os [[cánido]]s) e ás veces considérase unha rama da [[zooloxía]]. Unha preocupación particular dos etólogos é a [[evolución]] do comportamento e a comprensión do comportamento en termos da teoría da [[selección natural]]. En certo modo, o primeiro etólogo moderno foi [[Charles Darwin]], cuxo libro ''The expression of the emotions in animals and men'' influiu a moitos etólogos.
Liña 186:
[[Categoría:Bioloxía| ]]
[[Categoría:Ciencia]]
 
 
{{Link FA|he}}
Liña 319 ⟶ 318:
[[pih:Biiolojii]]
[[pl:Biologia]]
[[pnb:حیاتیاتجیون پڑھت]]
[[ps:ژونپوهنه]]
[[pt:Biologia]]