Circuíto integrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Introdución: algo máis desde a wiki .es
→‎Notas: algomáis desde a wiki -es
Liña 24:
Son tres as vantaxes máis importantes que teñen os circuítos integrados sobre os circuítos electrónicos construídos con compoñentes discretos: o seu menor [[prezo|custo]]; a súa maior [[eficiencia enerxética]] e o seu reducido tamaño. O baixo custo é debido a que os CI son fabricados sendo impresos como unha soa peza por [[fotolitografía]] a partir dunha [[Oblea (electrónica)|oblea]], xeralmente de [[silicio]], permitindo a produción en cadea de grandes cantidades, cunha moi baixa taxa de defectos. A elevada eficiencia débese a que, dada a miniaturización de todos os seus compoñentes, o consumo de enerxía é considerablemente menor, a iguais condicións de funcionamento que un homólogo fabricado con compoñentes discretos. Finalmente, o máis notable atributo, é o seu reducido tamaño en relación aos circuítos discretos; para ilustrar isto: un circuíto integrado pode conter desde miles ata varios millóns de [[transistor]]es nuns poucos centímetros cadrados.
 
== Avances nos circuítos integrados ==
Os avances que fixeron posible o circuíto integrado foron, fundamentalmente, os desenvolvementos na fabricación de dispositivos semiconductores a mediados do século XX e os descubrimentos experimentais que mostraron que estes dispositivos podían substituír as funcións das válvulas ou tubos de baleiro, que se volveron rapidamente obsoletos ao non poder competir co pequeno tamaño, o consumo de enerxía moderado, os tempos de conmutación mínimos, a confiabilidade, a capacidade de produción en masa e a versatilidade dos CI.<ref>{{Cita web | título=The History of the Integrated Circuit | editor=Nobelprize.org | url=http://nobelprize.org/educational/physics/integrated_circuit/history/index.html}}</ref>
== Notas ==
{{listaref}}