Célula amácrina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
==Introdución==
As células amácrinas funcionan na [[capa plexiforme interna]] (IPL), que é a segunda capa sináptica da retina, onde as células bipolares e as ganglionares da retina establecen [[sinapse]]s. Hai uns 40 tipos de células amácrinas, a maioría dos cales non teñen [[axón]]s. Igual que as [[célula horizontal|células horizontais]] da retina, as células amácrinas funcionan enviando impulsos lateralmente na retina, afectando aos sinais de saída enviados polas células bipolares, pero a súa tarefa é a miúdo máis especializada. Cada tipo de célula amácrina conecta cun tipo particular de célula bipolar, e xeralmente usa un tipo determinado de [[neurotransmisor]]. Unha desas poboacións celulares é AII, que conecta os circuítos de células bipolares dos [[bastón (célula)|bastóns]] cos circuítos de células bipolares dos [[cono (célula)|conos]]. ConectaDeste modo, conecta o sinal de saída enviado polas células bipolares dos bastóns co sinal de entrada recibido polas células bipolares dos conos, e desde alí o sinal pode viaxar ás respectivas células ganglionares.
 
Clasifícanse pola amplitude do seu campo de conexión, pola capa do estrato da capa plexiforme interna na que están, e polo seu tipo de neurotransmisor. A maioría son inhibitorias e utilizan os neurotransmisores [[GABA]] ou [[glicina]].