53.220
edicións
(arranxos) |
|||
'''Gwgon Brydydd''' (fl. sobre [[1200]]-[[1220]]) foi un dos [[Beirdd y Tywysogion|poetas]] cortesáns galeses e cantou a principios do [[século XIII]].
==Traxectoria==
Nada se coñece sobre Gwgion fóra do testemuño que consta no único poema da súa obra que se conserva, que é unha loanza de [[Llywelyn ab Iorwerth]] (Llywelyn Fawr). O estudoso [[J. Lloyd-Jones]] suxiriu que sería o pai de [[Einion ap Gwgon]], outro Poeta dos Príncipes que cantou a Llywelyn Fawr. O alcume ''[[prydydd]]'' demostra que Gwgon gozaba dun alto
==A súa obra==
O único poema de Gwgon está nun manuscrito que data de mediados do [[século XVI]] pero que provén dun(s) manuscrito(s) perdido(s) anterior(es). O poema é unha loanza a Llywelyn como líder militar, en forma de cinco [[englynion]] [[Englyn Unodl Union|Unodl Union]] regulares. A única referencia específica é a do ataque de Llywelyn contra [[Llangollen]]; isto suxire unha datación do poema no período [[1211]]-[[1214]] cando houbo un enfrontamento entre Llywelyn e [[Madog ap Gruffudd]], príncipe de [[Powys Fadog]].
|
edicións