Mecánica clásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m campo (física)
Liña 1:
A '''Mecánica Clásica''' (tamén coñecida como [[Mecánica]] de [[Isaac Newton|Newton]], chamada así en honra a [[Isaac Newton]], o que fixo contribucións fundamentais á teoría) é a parte da [[física]] que analiza as [[forza]]s que actúan sobre un [[obxecto]]. A mecánica clásica subdivídese nas ramas da [[estática]], que trata con obxectos en [[equilibrio]] (obxectos que se consideran nun [[sistema de referencia]] no que están parados) e a [[dinámica]], que trata con obxectos que non están en [[equilibrio]] (obxectos en [[movemento]]). A Mecánica Clásica reduce o seu estudo ó dominio da [[experiencia]] diaria, quer dicer, con eventos que vemos ou palpamos cos nosos sentidos. Ten diversas extensións: A [[mecánica relativista]] vai máis aló da mecánica clásica e trata con obxectos movéndose a [[velocidade]]s grandes (de valor relativamente próximo á velocidade da [[luz]]). A [[mecánica cuántica]] trata con sistemas de reducidas dimensións (a escala semellante á atómica), e a teoría do [[campo (física)|campo]] [[cuántica|cuántico]] trata con sistemas que teñen ambas propriedades.
 
Aínda sendo unha [[aproximación]], a mecánica clásica é moi útil pois é moito máis doada de comprender (e matematicamente moito máis sinxelo de computar), e por conseguinte máis doado de aplicar, e é válida abondo para a gran maioría de casos prácticos nunha gran cantidade de sistemas. A teoría, por exemplo, descrebe con grande exactitude sistemas como [[foguete]]s, planetas, moléculas orgánicas, trompos, trens, e tamén a traxectoria dunha bola de fútbol.