Ganglio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
* [[Ganglio espiñal|Ganglios espiñais]] ou raquídeos, tamén chamados ganglios da raíz dorsal dos nervios espiñais. Están situados en columna moi preto da medula espiñal na raíz dorsal dos nervios espiñais que saen da medula espiñal. Conteñen os corpos celulares dos [[nervio]]s sensoriais (aferentes).
* [[Ganglios autónomos]] pertencentes ao [[sistema nervioso autónomo]]. Conteñen os corpos celulares dos nervios do [[sistema nervioso simpático|sistemas nerviosos simpático]] e [[sistema nervioso parasimpático|parasimpático]]. Os do sistema simpático están preto da medula espiñal e da cadea ganglionar dorsal espiñal, e os do parasimpático están máis lonxe, preto do órgano ao que controlan ou mesmo dentro del. Aos ganglios autónomos chega unha fibra preganglionar procedente do sistema nervioso central, e deles sae unha fibra postganglionar, que chega ao órgano efector.
 
=== Ganglios basais ===
 
O termo ganglio refírese propiamente ao sistema nervioso periférico. <ref name="titleUNSW Embryology- Glossary G">{{cite web |url=http://embryology.med.unsw.edu.au/Notes/Index/G.htm |title=UNSW Embryology- Glossary G |accessdate=2008-01-13 |work=}}</ref> Os lugares onde están os corpos celulares das fibras nerviosas no sistema nervioso central non se denominan ganglios senón ''núcleos''. Porén, no [[cerebro]], que é parte do sistema nervioso central, denomínanse ás veces "[[ganglios basais]]" a un grupo de núcleos interconectados co córtex cerebral, [[tálamo]] e [[tronco do encéfalo]], asociados con diversas funcións, como: control motor, cognición, emocións, e saprendizaxe. É máis claro chamarlles ''núcleos basais'', tal como recomenda a ''[[Terminologia Anatomica]]''.