Insectos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: ps:خوځندکې
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
=== Sistema nervioso ===
O [[sistema nervioso]] dos insectos está formado polo [[ganglio]] supraesofáxico ou cerebro, o ganglio subesofáxico e unha cadea de ganglios (un por segmento do corpo) colocados ó longo da rexión ventral do corpo, unidos por comisuras. O cerebro está composto pola fusión de tres ganglios (protocerebro, deutocerebro e tritocerebro) os cales innervan os órganos e apéndices da cabeza. O ganglio subesofáxico únese ó cerebro mediante as comisuras esofáxicas e está formado pola fusión dos ganglios mandibular, maxilar e labial. A cadea de ganglios ventrais presenta variacións, observándose unha tendencia á fusión dos mesmos tanto no tórax coma no abdome.
Nos insectos existen ademais outros sistemas nerviosos, coma o estomogástrico, o cal controla os movementos dos sistemas dixestivo, circulatorio e músculos oclusores dos espiráculos. E por último o sistema periférico que desempeña funcións sensoriais.