Igrexa de Santa Mariña Dozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m →‎Descrición: Relevo (escultura)
Liña 12:
 
==Descrición==
Consérvase a planta da [[nave (arquitectura)|nave]], catro [[arco (arquitectura)|arcos]] transversais, de medio punto, a [[ábsida]] e mais cinco capelas laterais, ademais da que cumpría funcións de sancristía. Tiña unha soa nave, cunhas dimensións de 24 por 11,4 metros, sendo os tres primeiros tramos da nave máis anchos cós restantes. Na decoración dos arcos e das capelas destacan os [[Relevo (escultura)|relevo]]s da Encarnación, Cristo e os doce apóstolos, a Expulsión do Paraíso e as imaxes dos sete Pecados capitais. Na clave dun dos arcos vémo-lo relevo da [[Preguiza]], representada por un home que, coa cabeza entre as pernas, aliméntase dos seus propios excrementos. Este tema repítese na decoración dos [[canzorro]]s nas igrexas e edificios da época, como na igrexa de Santa Columna, en Rianxo. González Montañés lembra que, de feito, ''preguiza'' designa tamén os propios canzorros nalgunhas zonas de Galicia ou de Portugal.
 
A ábsida, de planta cadrada, ábrese cun arco apuntado e posúe [[bóveda de crucería]], formando unha estrela de catro puntas, e cun sol na clave, que representa a Cristo. Quedan aínda algúns restos, moi deteriorados, das pinturas murais do [[século XVI]] que recubrían as paredes ata a liña da imposta. [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]] di o seguinte sobre estas pinturas: "''A pesar de su pésimo estado de conservación, aún es dado observar el vigor de los tonos y la suavidad y armonía del colorido''". No primeiro tramo da ábsida había dous altares de pedra con retablos de cantería dos que xa non quedan restos.