Conferencia de Ialta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: su:Konferénsi Yalta
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
O 4 de febreiro de [[1945]] Roosevelt, Churchill e Stalin reuníronse en [[Ialta]], na [[Península de Crimea]]. Foi a segunda das longas conferencias en tempo de guerra, precedida por [[Conferencia de Teherán|Teherán]] en [[1943]], e sucedida pola ''[[Conferencia de Postman]]'' (trala morte de Roosevelt) en 1945.
 
O líder soviético refusou viaxar máis lonxe do encrave no Mar Negro de Ialta, na costa de Crimea para a seguinte reunión e, unha vez máis, Churchill e Roosevelt fixeron grandes viaxes para atender á reunión. Cada un dos tres líderes levou a súa propia axenda á conferencia de Ialta. Roosevelt tentaba acadar o apoio soviético na [[Guerra do Pacífico (1941-1945)|Guerra do Pacífico]] arredor da invasión do Imperio do Xapón; Churchill presionaba por unhas eleccións libres e institucións democráticas en Europa do Leste (e máis concretamente en Polonia), mentres que Stalin tentaba establecer unha esfera de influencia soviética en Europa Oriental a través dos Soviets, o que era esencial para a seguridade da URSS. Ademais, os tres tentaban establecer unha axenda sobre como sería gobernada Alemaña trala guerra. En 1943 unha tese de [[William Bullitt]] profetizou o “fluxo da [[ameba]] vermella cara a dentro de Europa”, e bastante ironicamente, Stalin tiña a vantaxe militar. A [[Unión Soviética]] tiña fisicamente baixo o seu control a maior parte de Europa do Leste. Mentres que os [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] tiñan as mans toalmente ocupadas coa invasión de Francia, o [[Exército Vermello]] traspasara as fronteiras orientais do [[Terceiro Reich]] pagando un alto custo. No momento da Conferencia de Ialta, o Xeneral ruso Zhukov estaba tan só a corenta millas de Berlín. Ademais, Roosevelt agardaba contar co compromiso de Stalin de que a URSS participaría nas [[Nacións Unidas]]. Con respecto ó primeiro tema na axenda soviética — Europa do Leste — o asunto concernente a [[Polonia]] xurdiu inmediatamente. Stalin foi rápido en expor a súa idea coas seguintes palabras:
 
{{Cita|Para o pobo ruso, a cuestión de Polonia non é tan só unha cuestión de honor senón tamén unha cuestión de seguridade. A través da historia, Polonia ten sido o corredor a través do cal o inimigo ten entrado en Rusia. Polonia é asunto de vida ou morte para Rusia.}}
Liña 11:
Consecuentemente, Stalin deixou claro que algunhas das súas demandas acerca de Polonia non eran negociábeis: os rusos tomarían parte do territorio oriental de Polonia e esta sería compensada coa extensión das súas fronteiras polo oeste, forzando ó exilio a millóns de alemáns. Stalin prometeu eleccións libres en Polonia, a pesar do goberno comunista satélite instalado recentemente. No entanto, axiña se fixo patente que Stalin non tiña intencións de manter a súa promesa de eleccións libres. As eleccións, celebradas en xaneiro de 1947 e que tiveron como resultado a transformación oficial de Polonia en un [[estado socialista]] en [[1949]], foron amplamente consideradas como manipuladas a favor dos [[comunismo|partidos comunistas]].
 
Roosevelt estaba decidido a acadar o apoio da URSS na [[Guerra do Pacífico (1941-1945)|Guerra do Pacífico]]. Unha condición previa para que a URSS lle declarase a guerra ó Xapón foi o acordo entre a URSS e os EEUU que recoñecía a independencia de [[Mongolia]] respecto de [[China]]. Este acordo levouse a cabo sen negociacións diplomáticas con China. Pouco despois da fin da Conferencia de Ialta, a URSS [[Operación Tormenta de Agosto|declarou formalmente a guerra]] contra Xapón e tropas soviéticas ocuparon partes do norte do arquipélago nipón. Máis adiante, isto causou unha disputa territorial entre Xapón e Rusia, dende que Rusia non asinou o Tratado de Paz de San Francisco con Xapón e non se asinou ningún tratado de paz entre eles dende entón.[[Ficheiro:Livadiya Conference.JPG|miniatura|300px|Unha habitación do palacio onde se reuniron os tres líderes.]]
 
Roosevelt aceptou o prezo de Stalin, coa esperanza de que a URSS sería tratada con máis facilidade a través das [[Nacións Unidas]] cando participase nelas. Algúns estadounidenses consideraron máis tarde que o de Ialta foi unha ''"vendida"'', porque lles deu coraxe ós soviéticos para expandiren a súa influencia no Xapón e Asia e tamén porque Stalin violou finalmente os termos ó formar o [[Pacto de Varsovia|bloque soviético]]. Ademais, os soviéticos acordaron unirse ás NNUU cunha fórmula que lles daba dereito a veto ós membros permanentes do [[Consello de Seguridade]], asegurándose que así cada país podería bloquear as iniciativas que non lle interesaban. Algúns críticos suxeriron que a falta de saúde de Roosevelt (Ialta foi a súa derradeira gran conferencia denantes de morrer por unha [[hemorraxia cerebral]]) foi a culpa da súa aparente falta de xuízo. Naquel intre, a URSS tiña tropas en gran parte de Europa do Leste cunha dotación militar tres veces maior que as forzas de [[Eisenhower]].