I Capuleti e i Montecchi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Historia: traio da wiki en es
Liña 27:
 
== Historia ==
=== Composición ===
Muchas persoas pensan que a ópera está baseada na traxedia de ''[[Romeo e Xulieta]]'' de [[Shakespeare]], mais as diferenzas son moi notables, e os historiadores afirman que só algunhas das súas traxedias chegaran a [[Italia]] na época na que foi escrita e que nin Bellini nin Romani coñecían a obra. Está baseada en fontes italianas orixinais que datan do [[século XVI]], incluíndo unha historia curta de [[Matteo Bandello]], da colección ''Le novelle'' de [[1554]], seguramente a través de Belleforest e Pierre Boaistuau. Romani reescribiu para Bellini o libreto de ''[[Giulietta e Romeo (Vaccai)|Giulietta e Romeo]]'' que fóra escrito orixinalmente para [[Nicola Vaccai|Vaccai]], que bebía da obra ''Giulietta e Romeo'' de [[1818]] por Luigi Scevola, e que tamén musicara E. Torriani. A escena da tumba da ópera de Vaccai ás veces representouse coa ópera de Bellini. O tema era moi popular en Italia: houbo libretos máis antigos de Luzzi para Marescalchi ([[1785]], Venecia), Foppa para Zingarelli ([[1796]], [[Milán]]) e Buonaiuti para P. C. Guglielmi ([[1810]], [[Londres]]). O primeiro libreto en italiano expresamente baseado na obra de Shakespeare foi o de M. M. Marcello, para ''Romeo e Giulietta'' de Marchetti ([[1865]], [[Trieste]]).
 
Estando en Venecia para preparar a estrea local de ''[[Il pirata]]'' con [[Giuditta Grisi]] como [[Imogene]], convenceron a Bellini para que escribira a ópera para a [[Carnaval de Venecia|tempada de carnaval]] de [[1830]] logo de que o [[Gran Teatro La Fenice]] ([[Venecia]]) fóra rexeitado por Giovanni Pacini. Bellini só dispuxo de mes e medio para escribila (comezou o 20 de xaneiro), polo que tanto el como o libretista empregaron material anterior. <ref>Anderson, Keith ''La ópera de la A a la Z'' en Naxos, HNH International Ltd. 2002 ISBN 1-84379-034-3</ref> Escribiu o papel de Romeo para Grisi (cuxa presenza, xunto cunha compañía relativamente feble en homes, puido ter convencido para a elección do tema); raramente baixa de "do". Giulietta foi cantada por [[Maria Caradori-Allan]], Tebaldo por [[Lorenzo Bonfigli]] e Lorenzo por [[Ranieri Pocchini Cavalieri]]. Bellini pretendera que o papel de Lorenzo fora para un baixo, mais no acto primeiro da partitura autógrafa traspuxo o papel para tenor, e no acto segundo o papel está escrito enteiro en clave de tenor. Aínda que estes trocos posiblemente se fixeron para Senigallia (verán de 1830), Cavalieri, o cantante da estreno, parce ter sido un tenor. As partituras publicadas e a meirande parte das representacións asignan hoxe o papel a un baixo.
 
Bellini conseguiu escribir a ópera en tan pouco tempo apropiándose en boa medida de música previamente escrita para a súa fracasada ópera ''[[Zaira]]'': explicou que "''Zaira'', silbada en [[Parma]], foi vingada por ''I Capuleti''". "''Oh quante volte''" de Xulieta no acto I usa a ''romanza'' de Nelly "''Dopo l’oscuro nembo''" de ''Adelson e Salvini'' ([[1825]], [[Nápoles]]).
 
=== Representacións ===
A primeira representación de ''I Capuleti e i Montecchi'' tivo lugar o [[11 de marzo]] de [[1830]].<ref>[http://www.operatoday.com/content/2006/04/bellini_i_capul_1.php Historia da representación de Operatoday]</ref><ref>[http://www.operajaponica.org/synopses/icapuletisynopsis.htm Argumento de operajaponica]</ref><ref>Roddy Swanston,[http://www.onlinereviewlondon.com/index.php?option=com_content&view=article&id=534:i-capuleti-e-i-montecchi-oct-2003&catid=482:i-capuleti-e-i-montecchi-oct-2003&Itemid=723 "Review: I Capuleti e I Montecchi, English National Opera, The Barbican, 8-10 de outubro de 2003"], ''Online Review London''</ref>
 
Bellini preparou unha versión para o [[Teatro alla Scala]] de [[Milán]] ([[26 de decembro]] de [[1830]]), baixando a parte de Xulieta para a mezzosoprano [[Amalia Schütz-Oldosi]]. Os libretos máis antigos dividen a ópera en catro partes. En [[Boloña]] en [[1832]] [[María Malibrán]] remprazou a última parte coa escena da tumba do acto final da [[Giulietta e Romeo (Vaccai)|ópera]] de [[Nicola Vaccai]], unha tradición seguida polos Romeos contralto como Alboni (a escena de Vaccai está incluída como un apéndice na partitura vocal de [[Casa Ricordi|Ricordi]]). Esta versión se representou en [[París]] e [[Londres]] con Pasta como Romeo en [[1833]], mais en [[Florencia]] ao ano seguinte Giuseppina Ronzi de Begnis restaurou o final de Bellini. A interpretación de [[Wilhelmine Schröder-Devrient]] como Romeo en [[Leipzig]] ([[1834]]) e [[Magdeburg]] ([[1835]]) creou unha profunda impresión no xove [[Richard Wagner|Wagner]].
 
''I Capuleti e i Montecchi'' foi repuesta en [[1935]], con motivo do centenario da morte de Bellini, en [[Catania]] e en [[1954]] en [[Palermo]], con [[Giulietta Simionato]] como Romeo e [[Rosanna Carteri]] como Giulietta. En [[1966]] [[Claudio Abbado]] preparou unha versión para La Scala na que un tenor cantou Romeo, [[Jaime Aragall]]; o reparto incluiu a [[Renata Scotto]] e [[Margherita Rinaldi]] alternando no papel de Xulieta e [[Luciano Pavarotti]] como Tebaldo. Esta versión foi tamén interpretada en [[Ámsterdam]], [[Roma]] e [[Filadelfia]] e no [[Festival de Edimburgo]] de [[1967]] mais non se representou máis.
 
Esta ópera non é moi representada na actualidade, aparecendo nas estatísticas de [[Operabase]] con 29 representacións no período [[2005]]-[[2010]], sendo a cuarta ópera de Bellini e a 43ª en [[Italia]].<ref>[http://operabase.com/top.cgi?lang=es&show=operas&by=Bellini Óperas de Bellini en Operabase]</ref>