Diferenzas entre revisións de «I Capuleti e i Montecchi»

(Nova páxina: "{{título en cursiva}} {{en uso}} {{Ópera | título = I Capuleti e i Montecchi | título_traducido = Os Capuleto e os Mentesco | imaxe = [[Ficheiro:DickseeRomeoandJu...")
 
|-
|}
 
== Argumento <ref>Esta sección está baseada na sinopses de Simon Holledge publicada en [http://www.operajaponica.org Opera japonica] e que aparece aquí con permiso.</ref> ==
: Data: [[século XIII]]
: Lugar: ao redor do pazo de Capellio (Capuleto) en [[Verona]]
 
A historia de romeo e Xulieta, coñecida grazas a [[Shakespeare]], ten unha orixe italiana anterior. Nesta versión da historia os Capuleto e os Montesco son faccións políticas rivales ([[Güelfos e xibelinos|güelfa e xibelina]] respectivamente). Capellio é o pai de Giulietta (Xulieta) e o líder dos Capuleto. Giulietta está prometida a Tebaldo, sen embargo, xa se atopou con Romeo, o líder dos Montesco, e namorou del. Esto é un segredo para todos salvo Lorenzo, o seu médico e confidente. Para complicar máis as cousas, Romeo matou sen darse de conta ao fillo de Capellio (o irmán de Giulietta) nunha batalla.
 
=== Acto I ===
''Escena 1: O pazo''
 
Capellio e Tebaldo diríxense aos seus seguidores advertíndolles que rexeitaron unha oferta de paz dun enviado de Romeo. Tebaldo vingará a morte do fillo de Capellio para celebrar o seu matrimonio con Giulietta ('È serbata a questo acciaro').
Romeo entra disfrazado como un enviado dos Montesco, ofrecendo a paz garantizada por un matrimonio entre Romeo e Giulietta. Capellio rexeita toda idea de paz. Romeo acepta o seu reto de guerra ('La tremenda ultrice spada').
''Escena 2: Habitación de Giulietta''
 
Lorenzo arregla que Romeo vaia vela por unha porta segreda. Romeo tenta convencer a Giulietta para que marche con el, mais ela resístese no nome da familia e a honra, declarando que prefire morrer co corazón roto.
 
''Escena 3: Outra parte do pazo''
 
Os Capuleto están celebrando o próximo matrimonio. Recoñecido por Lorenzo, Romeo está disfrazado esperando o apoio dos seus soldados para impedir a voda. No tumulto que segue ao ataque armado de los Montesco, Giulietta ve a Romeo e nóvamente el lle pide, sen éxito, que escape. Capellio e Tebaldo os descubren, crendo que Romeo é o enviado dos Montesco. Giulietta tenta protexelo, mais el dilles orgullosamente o seu nome. Os Montesco entran a protexelo e os amantes fican separados polas dúas faccións.
 
=== Acto II ===
''Escena 1: Outra parte do pazo''
 
Giulietta espera novas da lucha. Lorenzo dille que Romeo vive, pero que pronto a levarán ao castelo de Tebaldo. Convéncea para que tome unha pócima pola que parecerá estar morta, e organizarao todo para que tanto el como Romeo estean presentes cando desperte. Capellio vai ordenarlle que vaia con Tebaldo ao mencer. Roga a seu pai que a perdone antes de morrer ('Ah! non poss'io partire'). Capellio alármase, e sospeita que Lorenzo está implicado, polo que fai que lo vixíen.
''Escena 2: Os subterráneos do pazo''
 
Romeo espera impaciente a Lorenzo. Entra Tebaldo e teñen un acalorado [[dúo]] ('Stolto! a un sol mio grido'). Loitan, mais vense interrompidos por un funeral ('Pace alla tua bell'anima'), é o de Giulietta. Cada un dos rivais, cheos de remordemento, pide ao otro que lle dea morte.
''Escena 3: As tumbas dos Capuleto''
 
Romeo entra e os seus compañeiros abren a tumba de Giulietta. Romeo despidese dela ('Deh! tu, bell'anima') e toma un veleno. Giulietta esperta e atopa a Romeo sorprendido pola súa morte simulada e ignorante do plan de Lorenzo. Romeo morre e Giulietta, incapaz de vivir sen el, morre sobre o seu corpo. Os Capuleto e os Montesco acusan a Capellio da traxedia.
 
== Estrutura ==
29.172

edicións