Exiptoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ky:Египтология
Liña 19:
 
== Desenvolvemento da exiptoloxía ==
Na década de 1840 xa desaparecera a primeira xeración de exiptólogos. En [[1837]] publicáronse os volumes coas copias de numerosísimas inscricións exipcias realizadas por [[J. G. Wilkinson]], que hoxe en día son o único rexistro de como eran un bon número de [[Relevo (escultura)|relevo]]s que hoxe en día se atopan irreparabelmente danados. Outra obra capital foi ''Denkmäler aus Äegypten und Äthyiopien'' ([[1849]]-[[1859]]), de [[Carl Richard Lepsius]], que contiña unha ampla selección dos monumentos exipcios. Outros exiptólogos notábeis foron [[Lepsius]], [[Heinrich Brugsch]] e [[Auguste Mariette]] ([[1821]]-[[1881]], que fundou o [[Museo Exipcio do Cairo]], actualmente o máis rico do mundo, e o [[Servizo de Antigüidades de Exipto]]. Até a revolución exipcia de [[1952]], todos os directores deste foron europeos e deles o máis afamado foi [[Gaston Maspero]] ([[1846]]-[[1916]], sucesor de Mariette.
 
O [[Escocia|escocés]] [[Alexander Rhind]] ([[1833]]-[[1863]]) estableceu os principios que habían de guiar as excavacións científicas. Nelas destaca [[W. M. F. Petrie]] ([[1853]]-[[1942]]), que publicou practicamente un volume cada cano cos resultados obtidos na campaña do inverno anterior. A súa obra estableceu o marco xeral das áreas e períodos históricos de Exipto.