Marco alemán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Dmark-coins-front.jpg" que foi borrado en Commons por Fastily. Motivo: Media without a source as of 1 August 2012
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 33:
Na zona ocupada pola [[Unión Soviética]], que máis tarde conformaría a [[República Democrática Alemá]], introduciuse o [[Marco da RDA]] uns días despois empregando selos especiais nos antigos ''Retenmark'' e ''Reichsmark'' e así evitar a entrada de billetes desde o oeste. En xullo de [[1948]] imprimiuse unha nova serie de marcos na [[Alemaña do Leste]].
===Bank deutscher Länder e Deutsche Bundesbank===
A finais do [[1948]], o Bank deutscher Länder (Banco dos Estados alemáns) asumiu a responsabilidade de emitir moeda, seguida en [[1957]] polo [[Deutsche Bundesbank]]. O marco alemán gañou moita reputación como divisa de reserva ó tempo que outras divisas estranxeiras sucumbían ós períodos de inflación. Chegou a ser unha fonte de orgullo nacional, e a base da prosperidade económica do país, particularmente durante os anos do milagre económico alemán na década de [[1950]]. Nos anos [[1990]], as enquisas públicas mostraron unha grande maioría de persoas que se opoñían a adopción do [[euro]], e incluso hoxe en día, mostran un significante número de persoas que preferirían voltarvolver ó marco.
 
===Unión monetaria con Saarland===
A poboación do protectorado de [[Sarre]] decidiu por referendo unirse á [[República Federal Alemá]]. Así pois a incorporación de Sarre á RFA foi estipulada pólos alemáns e franceses para o [[1 de xaneiro]] de [[1957]]. O novo estado incorporado a Alemaña mantivo a súa moeda, o [[franco de Sarre]], ligado ó [[franco francés]]. O [[9 de xullo]] de [[1959]], o marco alemán substituíu ó franco cunha taxa de cambio de 100 francos = 0,8507 DM.