Tensión superficial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
=== Curvatura superficial e presión ===
As forzas de cohesión entre as moléculas dos líquidos son responsables do fenómeno da tensión superficial. No interior da masa dun líquido, cada molécula é atraída de forma igual en todas as direccións polas moléculas veciñas, de modo que a forza resultante é cero. Polo contrario, as moléculas da superficie non teñen outras moléculas do líquido por encima delas e, por tanto, son atraídas cara aao interior do adentrolíquido. Isto crea certa presión interna e forzas na superficie do líquido que crean a tensión superficial e fan que a superficie do líquido se contraia para ter unha área mínima.
 
Se ningunha forza actúa na dirección dunha superficie, esta é plana. Na superficie de separación entre dous medios, se a presión nos medios é diferente, isto fai que se exerza unha forza normal á superficie de separación que tende a curvala.