Piñor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: kk:Пиньор
m →‎Historia: Romanización de Galicia
Liña 64:
Hai restos da [[megalitismo|cultura megalítica]] que mostran que xa había presenza humana na [[prehistoria]], como son diversas [[mámoa]]s, xa referenciadas no dicionario de Madoz ([[1845]]) ao falar da parroquia do Desterro.
 
Da [[cultura castrexa]] consérvanse un [[castro (poboado)|castro]] preto da aldea de Guimarás, na parroquia da Canda. O asentamento non foi escavado, pero si catalogado e explorado por [[Florentino López Cuevillas]], que o incluíu no "Catálogo dos castros da Terra do Carballiño" publicado na revista ''Nós'' co nome de [[Outeiro do Castro]]. Fala dun castro de pequenas dimensións (64 mtsm de longo por 54 de ancho) emprazado ás beiras do [[río Mirela]] (chamado nestre tramo río do Castro), o cal lle serve de defensa natural.
 
===Romanización===
Da época da [[Romanización de Galicia|romanización]], tamén segundo Florentino Cuevillas, foron atopados a comezos do século XX tres canos de 60 cm de longo feitos de pedra e ladrillos, a 1 km aproximadamente do castro de Guimarás, na parroquia de Barrán. Segundo o autor, posiblemente estaban destinados á condución de augas, podendo formar parte dalgunha vila romana.
 
[[Antonio Rodríguez Colmenero]] cita na súa obra ''Galicia Meridional Romana'' que certos topónimos como Barrán e Fontao poderían suxerir a existencia de asentamentos romanos, así coma Grovas. Nesa mesma obra relaciónase o topónimo A Canda coa minería romana, e as poboacións de Arenteiro e Arenteiriño (Barrán) poderían estar relacionadas coa explotación de [[prata]], ben na romanización ou ben nunha época posterior.