Diferenzas entre revisións de «Lingua napolitana»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Neapoliešu valoda)
Sem resumo de edição
O napolitano é xeralmente considerado como unha lingua italo-dálmata. Aínda que existen diferenzas notables entre os diversos dialectos todos eles son polo xeral mutuamente intelixibles. A linguaxe no seu conxunto a miúdo foi vítima da súa situación como unha "linguaxe sen prestixio". O italiano estándar e o napolitana teñen unha comprensión variable, que depende tanto de factores afectivos como lingüísticos. Existen notables diferenzas gramaticais como os substantivos en forma neutra ou a formación do plural única. A súa evolución foi similar á do italiano e outras linguas romances das súas raíces do latín falado.
 
O napolitano gozou dunha rica historia literaria, musical e teatral (entre os que destacan [[Giambattista Basile]], [[Eduardo de Filippo]], [[Salvatore di Giacomo]] ou [[Totò]]). Ademais grazas a este patrimonio e á obra musical de Renato Carosone na década de [[1950]], o napolitano está aínda en uso na música popular, incluso gañando renome nacional nas cancións de Pino Daniele e da Nuova Compagnia di Canto Popolare. Son famosos cancións napolitanas [['O surdato 'nnammurato]], [['O soleSole mio]] e [[Funiculì, funiculà]].
 
O idioma non ten carácter oficial en Italia e non se ensina nas escolas. A Universidade Federico II de Nápoles ofrece (dende [[2003]]) cursos de dialectoloxía da Campania na Facultade de Socioloxía, cuxo obxectivo real non é ensinar aos estudantes a falar a lingua, senón o estudo da súa historia, o seu uso, a literatura e a súa función social. Tamén hai en curso intentos lexislativos a nivel nacional para que se lle recoñeza como idioma oficial minoritario de Italia.
211.832

edicións