Bulbo raquídeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 53:
 
* O feixe dorsolateral continúase como feixe espiñal do núcleo do [[nervio trixémino]] e a substancia xelatinosa continúase como '''núcleo do nervio trixémino'''.
* Os fascículos grácil e cuneado continúan no bulbo pero son gradualmente substituídos polos seus núcleos. O '''núcleo cuneado''' (núcleo cuneiforme) comeza e remata un pouco máis rostralmente ao '''núcleo grácil'''. As fibras possinápticas destes núcleos diríxense despois ventralmente cruzando a liña media para formaren o '''lemnisco medio contralateral'''. Esta decusación (cruce) de fibras forma parte do conxunto das '''fibras arciformes internas''' e ás veces denomínase decusación sensitiva. Lateralmente ao núcleo cuneado e embebido no seu fascículo está o '''núcleo cuneado lateral''' ou '''externo'''.
* As '''pirámides''', prominentes, e a decusación das pirámides están localizadas anteriormente no bulbo caudal. Cada pirámide consiste en fibras corticoespiñais que se orixinan ipsilateralmente no [[córtex cerebral]] e van sinaptar no [[corno anterior]] contralateral da medula espiñal.
* Grande parte da área atravesada por fibras arciformes é a designada formación reticular, que parece uma substancia amorfa, pero que en realidade está organizada, o que se pode constatar por microscopía.