Torque (colar): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños de estilo |
|||
Liña 7:
Ao longo de toda Europa, existe unha variada tipoloxía: macizos, ocos, con remates (periña, escocia, tronco de cono, campánula, cabeza de cravo...), con decoración, de ouro ou doutros metais. Da súa existencia despréndese unha importante xerarquización social e unha especialización artesá salientable.
==
Na distribución dos torques de ouro na [[Europa atlántica]], e máis en concreto na [[Península Ibérica]], apréciase unha concentración destacadísima nas actuais [[Galicia]] e norte de Portugal. Derivan dunha metalurxia moi antiga con importantes mostras xa na [[idade de Bronce]] (tesouro de [[Caldas de Reis]]). Factores explicativos son a abundancia de ouro e estaño nesta área, os contactos coa [[Europa atlántica]], e a influencia meridional nos granulados e as filigranas. En concreto, nos torques [[galaicos]] aprécianse influencias da cultura de [[Hallstat]] e [[la Tène]] -sen que isto implique migracións masivas de poboacións para explicar a súa divulgación- que amosan como na [[Europa atlántica]] existiu unha circulación artística propia envolvente.
Liña 14:
No territorio da antiga [[Gallaecia]] o número de torques atopados supera o centenar. Os torques galaicos e ástur-occidentais{{cómpre referencia}} presentan peculiaridades con respecto aos do resto da [[Península Ibérica]]; coinciden cos centroeuropeos e británicos nos grandes remates ou topes, así como no emprego de ouro, fronte á prata e máis o bronce común nos torques da Celtiberia, o que se ten interpretado como unha influencia centroeuropea.<ref>Cf. Castro Pérez 1990: 149.</ref>
Exemplos de importantes torques [[galaicos]] son
<gallery>
Liña 22:
File:Torques de Burela. Museo Provincial de Lugo.jpg|Torque de [[Burela]], no ''Museo Provincial de Lugo''
</gallery>
== Notas ==
{{Listaref}}▼
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Galaicos]]
* [[Cultura castrexa]]
▲{{Listaref}}
=== Bibliografía ===
* Castro Pérez, Ladislao (1990) ''Os Torques Prehistóricos''. Santiago de Compostela: USC. ISBN 84-7191-695-9
|