Alpujarras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Alpujarras-pueblos.JPG|miniatura|300px|[[Capileira]] e [[Bubión]], das aldeas das Alpujarras]]
 
La '''Alpujarra''' (ou Las '''Alpujarras''') é unha comarca de [[Andalucía]], no sur de [[España]]. Inclúe parte da [[provincia de Granada]] e parte da [[provincia de Almería]], nas faldas da parte sur de [[Sierra Nevada]]. Malia a distancia, a comarca de Las Alpujarras tivo unha importante relación histórica con Galicia na segunda metade do século XVI, cando, despois do remate da Reconquista e da posterior expulsión dos mouriscos do desaparecido reino de Granada, estes foron substituídos por colonos procedentes do norte peninsular, unha boa parte dos cales eran galegos, xurdindo o que poderiamos chamar a primeira gran emigración dirixida e documentada que fixeron os galegos. Foi auspiciada polo monarca Felipe II, reinado no que se levou a cabo a difícil repoboación, que levou a Las Alpujarras milleiros de galegos, na súa maior parte de condición social pobre, moitos dos cales morreron polo camiño, falecendo outros, ao chegaren ao seu punto de destino, no Hospital Real de Granada <ref>[[Fernando Cabeza Quiles]], ''Galegos en Las Alpujarras granadinas''. Noia. Edit. Toxosoutos. 2003. ISBN 84-95622-81-5</ref>.
 
[[Categoría:Comarcas de Andalucía]]