Petróglifo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: be:Пятрогліф
m Comunicación (linguaxe)
Liña 1:
[[Ficheiro:767px-MtnSheepPetroglyph.jpeg|miniatura|dereita|300px|Un petróglifo onde se ve unha caravana de ovellas de grandes cornos preto de Moab, Utah, EUA; un tema recorrente nos desertos norteamericanos.]]
 
Un '''petróglifo''' é unha representación gráfica gravada nas [[rocha]]s ou [[pedra]]s. Son o antecedente dos símbolos previos á [[escritura]] e o seu uso na [[Comunicación (linguaxe)|comunicación]] data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do [[Neolítico]].
 
A palabra provén dos termos gregos ''petros'' (pedra) e ''glyphein'' (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como ''pétroglyphe''. Este termo non debe confundirse con [[pictografía]], que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da [[arte rupestre]]. As [[petroforma]]s ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.