Diferenzas entre revisións de «Hóspede»

m
 
En función da súa ''utilidade para o parasito'' existen varios tipos de hóspedes:
* '''Hóspede definitivo'': designa un ser vivo que é imprescindíbel para o parasito xa que este desenvolverá principalmente a súa fase adulta no anfitrión.
* ''Hospedadeiro intermediario'': designa un hóspede igualmente imprescindíbel no [[Ciclo de vida (bioloxía)|ciclo vital]] do parasito, onde este desenvolve algunha ou todas as fases [[larva]]rias ou xuvenís. Ás veces confúndense co termo "vector" e se considera como hóspede intermediario ao [[invertebrado]] que participa no ciclo vital, sendo en moitas ocasións o home e os [[vertebrados]] os anfitrións intermedios, e os invertebrados os definitivos.
* ''Hóspede paraténico'': é como se denomina o ser vivo que serve de refuxio temporal e de vehículo para acceder ao hóspede definitivo. O parasito non evoluciona neste e, por tanto, non é imprescindíbel para completar o seu ciclo vital, aínda que xeralmente aumenta as posibilidades de supervivencia e transmisión. Tamén se denomina '''hóspede de transporte'''.
44.448

edicións