Diferenzas entre revisións de «Hóspede»

m
reformulo o cabezallo retirando análise filolóxico propia e cinguíndome ao libro de estilo da Wikipedia. Máis info en páxina de conversa.
m (reformulo o cabezallo retirando análise filolóxico propia e cinguíndome ao libro de estilo da Wikipedia. Máis info en páxina de conversa.)
En [[bioloxía]] chámase '''hospedeiro''', '''hospedador''', '''hospedante''' e tamén '''hóspede''',<ref>'''1'''. Persoa que está hospedada nun lugar, ben como invitada, ben pagando. O cuarto dos hóspedes. '''2''' ''Biol''. Organismo que alberga outra especie no seu corpo e establece unha relación de simbiose, comensalismo ou parasitismo. (Definición do Dicionario da [[RAG]]
[http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#loadNoun.do?current_page=1&id=25146]</ref> a aquel organismo que alberga a outro no seu interior ou que o porta sobre si, ben sexa nunha [[simbiose]], ou como [[parasitismo|parasito]], [[comensalismo|comensal]] ou [[mutualismo|mutualista]].
 
O uso do termo ''hóspede'' en bioloxía vai en contra do que ten na linguaxe cotiá, onde significa ''hospedado'', non ''hospedador''. Isto débese a que a palabra ''hóspede'' procede do [[latín]] ''hospes'', ''hospitis'', que representaba no latín clásico a mesma parella de significados contraditorios: o que alberga e o que é albergado, duplicidade que se adoita manter, por moitos autores, no campo científico (que é bastante conservador en materia terminolóxica).
 
Porén, debido á ambigüidade do termo, que tamén se produce noutros idiomas romances, moitos científicos prefiren, para a bioloxía, os termos ''hospedador'' (do latín ''hospitator''),<ref>Por exemplo, en: Singer, M. e Berg, P. (1993): ''Genes y genomas''. Barcelona: Omega. 1993. Traducido por Luis Ruiz-Ávila, doutor en bioloxía.</ref> ou ''hospedante''.<ref>Font Quer, P. (1975): ''Diccionario de botánica''. Barcelona: Labor. ISBN 84-335-5804-8.</ref>
 
Os dicionarios galegos non inclúen as voces ''hospedador'' nin ''hospedante'' (que poderían ser adxectivos, e substantivos, derivados normais de ''hospedar'',<ref>'''1'''. Recibir [unha persoa] na casa para que viva nela unha tempada, xeralmente cando é en lugares xa destinados a dar aloxamento e nos que se paga. (Definición do dicionario da [[RAG]] [http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#loadNoun.do?current_page=1&id=25144])</ref> <ref>'''1.''' Recibir ou ter como hóspede; albergar, aloxar, apuosentar. (Definición do ''Gran [[Xerais]] da lingua'').</ref> nin tampouco, o da [[RAG]], ''hospedeiro''; pero si que o fai o ''Gran Xerais da lingua'',<ref>Persoa que ten ó seu cargo unha hospadaría. GDXL(1009): Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9914-072-8</ref> e o da editorial ''Ir Indo'',<ref>Persoa encargada dunha hospedaxe. Dicionario de galego (2004): Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-504-7</ref> polo que parece lóxico{{cómpre referencia}} utilizar este termo, ampliando o seu campo semántico, para os significados [[bioloxía|biolóxicos]], como de feito xa o fan diversos autores na literatura científica en galego. En portugués, tamén se usa ''hospedeiro'' en bioloxía.
 
== Tipos de hospedeiros e as súas interaccións ==
44.447

edicións